23/5/07

LITERAPIA

Onte,votandolle unha ollada a unha revista, atopei un titular, cando menos curioso: "La Fundación Rosaleda, junto con la Universidad de Santiago, pone en marcha el proyecto LITERAPIA: El empleo de la lectura para aliviar la dolencia de los pacientes".

Decidín buscar máis información sobre o tema en internet e atopei algunhas cousas:
Para aliviar el dolor: literaria
¿Para aliviar el dolor?... La literapia
E cada vez estaba máis intrigada, que se montase un rebulir tan grande sobre algo que todo o mundo sabe... ou non?. Porque ... quen non quedou abraiado, entusiasmado ... ata o mencer lendo unha novela sen podela deixar, aínda que ó día seguine houbera que madrugar? Quen non quedou ata o moño e soltando todas as letanías que un sabe cando sonou o teléfono e un andaba no medio do Pacífico, ou no País da Fantasía, ou recorrendo a Quinta Avenida? Dende sempre a lectura foi unha evasión total do espírito, unha liberdade absoluta, un viaxar sen coller o coche, un vivir especial, un esquecer todos os problemas, un saír da realidade e deixar voar o espíritu. E agora danse conta! . Pois, para aforrar tempo, ben lle podían haber preguntado a miña prima Tere que en plena quimioterapia leía, leía e seguía lendo, e esto funcionaballe mellor que as sesións do psicólogo ( nos momentos máis duros do tratamento sacou ata 14 libros da biblio á semana, tamén e verdade que ela traballaba alí e non tiña números clausus).
Resumindo quen non coñece as marabillas que sobre a mente e o corpo fai a lectura!.
Montesquieu, (1689-1755), que desto sabía un rato, xa dicía:
"Non sufrín nunca unha pena que unha hora de lectura non me quitara"

2 comentarios:

Oki dijo...

Gústame esta forma de rélax, sí, definitivamente prefiro un bo libro a unha pastilla de calqueira tranquilizante con sabe que efectos secundarios. Porque prefiro os que case seguro que vai proporcionarme a lectura: coñecemento doutras forma de pensar, vivir, sentir, disfrute, risa, intriga, placer visual, inquietude aventureiro, aprendizaxe do que outros experimentaron e investigaron...
E ¿non é mellor o insomnio producido por non poder deixar de ler un libro que o que produce unha pastilla que revolve o estómago?
E ¿Que decides da adición que crea a lectura fronte a producida por unha desas drogas legais que son os medicamentos?
Definitivamente sí, eu aposto pola literapia.

Loly dijo...

Totalmente de acordo. Só podo engadir SI Á LITERAPIA!!
Por certo Marina, gústame moito este novo deseño do voso blog.
Bicos