26/5/07

Exposición de libros e artiluxios antigos


Seguindo coas actividades que se veñen realizando dende o mes de abril, con motivo do día do libro e das letras galegas, o luns inaguramos a exposición de Artiluxios e libros antigos, co seguinte lema: "E MOI IMPORTANTE SABER DE ONDE VIMOS, PARA AVERIGUAR A ONDE VAMOS".
O libro máis antigo que temos é de 1797 e titúlase "Aritmética o ciencia del número, peso y medida". Concretamente do século XIX temos varios libros: unha biblia, dicionarios,... (Non vos digo o número porque tamén temos concurso de preguntas sobre a expo e esta é unha boa pista).
Hai artiluxios moi antigos e ata conseguimos un carro, dos que xa se ven poucos, ferramentas para traballar a madeira, planchas (algunha moi curiosa), unha ola do viño, sacacorchos, un aparello para pillar os puntos das medias, un liapitillos... ¡TEDES QUE ENTRAR E MIRAR CON ATENCIÓN!
Tamén temos moedas, varias de 1884- 1897, pesetas de papel, reais, billetes...
Unha das cousas máis curiosas é un: Proyecto de ley para la Abolición de la Esclavitud en Puerto Rico" que data de 1869. ¡Antonte como quen di!
Recordade que o luns poñemos en marcha o concurso sobre a expo, con 5 preguntas diarias sobre ela, ata o venres... ¡A ver que pasa!
Bueno para que seguir contando o que se pode ver, mirar e tocar... Cando entredes a vela pensade na historia viva do que estades a presenciar, da cantidade de vidas que tocaron os libros e os artiluxios, no tempo que os seus donos pasaron lendoos, vendoos ou traballando con eles, na cantidade de acontecementos da vida cotiá que viron, das loitas, intrigas, misterios, amores, mentiras, verdades ... da vida que presenciaron. ¡Que pena que non poidan falar! para contarnos todo eso é mais, a parte do que xa contan eles por si mesmos, ... ¿non vos pon os pelos de punta só pensalo?

No hay comentarios: