31/10/08

Seguindo a estela do ourizo

Seguindo a Oki, eu tamén vos vou falar de ourizos, pero doutros ourizos... deses pequenos animais que teñen un enorme inimigo: os humanos... Si, si o que ledes, tal e como soa..... MIREMOS:
Resulta que o seu hábitat natural está onde teñen comida en abundancia e onde están as árbores caducas, xa que aproveitan as súas follas para construír os seus niños... e digo eu, cada vez hai máis bosques caducos na nosa Galicia ¿non si?.
Ano tras ano hai unha sangría enorme nas estradas de toda Galicia a partir de marzo (cando rematan a hibernación), ¡tremendo inimigo este co que se atoparon de golpe!, eles que prácticamente non teñen inimigos naturais... E ¿sabedes porque ocorre isto?. Pois porque estes animais asustadizos cando cruzan as estradas e ven un perigo (inimigos sobre rodas) para defenderse envólvense sobre si mesmos..
Ademais caen en furados de obras, canais... de onde non son capaces de saír

Si queredes máis visitade TEMPORAS, conta, ademais destas, cousas moi curiosas sobre este pequeno e descoñecido animal. Como di Oki, son tremendamente elegantes, aínda que moi vulnerables.

A marabillosa foto é de Manuel García López (publicada en fotonatura), e refírese a outro erizo (esta vez o de castiñeiro... do que tamén habería que falar algún día...). ¿Vedes todo o que se pode dicir e enlazar a partir dunha única palabra?

A ELEGANCIA DO OURIZO

Acabo de rematar a lectura deste libro de Muriel Barbery que recomendoume Fran, o profe de educación física do instituto: Unha comunidade de veciños moi señorial, onde descubrir a dúas almas solitarias: Renée, a porteira, e Paloma, unha nena filla dunha das familias que habitan o inmoble. Dúas persoas diferentes e especiais que nos deixan entrever unha pizquiña dos seus pensamentos e temores.

Párome a pensar se si coñezo a algunha persoa que teña a elegancia do ourizo: chea de púas por fóra, unha verdadeira e dura coiraza, pero que no fondo son animaliños solitarios, cos seus medos, e ... tremendamente elegantes.

Tantas veces etiquetamos ás persoas polo papel que desempeñan na nosa sociedade, na nosa vida, pero non somos capaces de recoñecelas, porque non as miramos de verdade.

"- Non me recoñeceu
- É porque non a viron nunca. Eu recoñeceríaa en calquera circunstancia."


Fágome o propósito de ser eu quen pronuncie este última frase, e non a persoa da que falan.

Gozade, é un regalo de libro.
Podedes ler un comentario sobre este libro tamñen en Trafegando Ronseis.

26/10/08

BELEZA NAS BIBLIOTECAS 4

A biblioteca do Trinity College está en Dublín sendo a máis grande e máis antiga de Irlanda. As súas coleccións de manuscritos e libros impresos construíronse desde finais do século XVI. Ademais das compras e as doazóns de case catro séculos, desde 1801 a biblioteca tivo o dereito a reclamar todos os británicos e irlandeses publicacións baixo os termos dos sucesivos actos de dereitos de autor.

A biblioteca ten unha triple función: é unha biblioteca universitaria que serve as necesidades dos estudantes e persoal académico da Escola Superior, sendo tamén unha biblioteca de investigación de renome internacional, que pon moito material “raro” a disposición de estudiosos de todas partes do mundo. Ademais, proporciona un servizo de información aos departamentos gobernamentais, a organizacións de investigación, industrial e comercial de Irlanda.

BELEZA NAS BIBLIOTECAS 3

A biblioteca do Mosteiro de Strahov está escondida na cima dun outeiro en Praga (Recpública Checa). É iste o segundo mosteiro máis antigo en Praga. O interior, dividido en dúas grandes salas, é unha impresionante biblioteca.

23/10/08

BELEZA NAS BIBLIOTECAS 2

Ás veces non podo deixar de marabillarme ao pensar que nalgures, unha persoa que non coñezo, nun lugar que probablemente eu non visite endexamáis, que non temos nada en común na maneira de vivir e de entender o mundo, pode estar unida a min a través desta rede de lectura que va tecendo unha fermosa biblioteca...
A Biblioteca Palafoxiana (Puebla, México) foi rexistrada pola UNESCO no ano 2005 como Memoria do Mundo, xa que é a única biblioteca en América que conserva o seu edificio, estantería e acervo orixinal.



Todos estes textos están escritos en linguas mortas: hebreo, latín, sánscrito, caldeo e grego. Hai outra parte en náhuatl (lingua uto-azteca, falada en América Central) e moi poucas pezas en castelán.





















22/10/08

Encontros para aprender e pasalo ben

O pasado fin de semana celebráronse en Santiago os II Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia, e coma sempre foron unha pasada, non só no sentido estrictamente da aprendizaxe (nada desdeñable en absoluto), senón tamén no sentido social e de amizade e ademais rematamos ríndonos das cousas tan serias das que estivemos a falar durante un día e medio, o que indica que todo depende da cor con que miramos e non hai nada tan sagrado que non nos permita ver o mundo cun pouco de optimismo e felicidade.
Como eu sería incapaz de facer unha reportaxe tan clara, concisa e marabillosa como a que vin no blog amigo O Segrel do Penedo, aí vai o enlace para que vexades o ben que se pode pasar e o que se aprende nunha actividade de formación cando hai cariño, coidado e sabedoría por detrás (Cristina e Pilar da Asesoría de Bibliotecas e os compañeiros dos CEFORE).
Alguén dicía que esto das Bibliotecas Escolares crea adición e pensandoo ben si, siiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii que é verdade. Non sei si as biblios escolares son só unha barca no medio do océano, pero dende logo, ós que ata aquí chegamos, estamos encantados de pertecer a este mundo onde se traballa, se pasa ben e creo que se ven resultados.... ¿Que máis se pode pedir?

21/10/08

BELEZA NAS BIBLIOTECAS 1

Todo o mundo ten algún tipo de lugar que lle fai sentirse transportado a un reino máxico...Para algunhas persoas son castelos coa súa nobre historia e torres derrubándose. Para outros son fábricas abandonadas, campos verdes cheos de vida vexetal e animais en liberdade... lugares,en definitiva recheos dun sentimento de aprensión ao redor de todos os recunchos....

Para nós aquí en Biblioarzúa, sempre houbo algo con respecto ás outras bibliotecas. Fila tras fila, ao longo de cada plataforma, non hai nada máis máxico que unha fermosa e antiga biblioteca:

A Real Biblioteca de El Escorial (San Lorenzo do Escorial, Madrid, España), tamén coñecida como a Escurialense ou a Laurentina, é unha gran Biblioteca Renancentista española fundada por Felipe II que se atopa na localidade madrileña de San Lorenzo do Escorial, formando parte do Patrimonio Nacional dende 1875.




















Hipatia



La última persona que dirigió la biblioteca de Alejandría fue una matemática, astrónoma, física y jefe de la escuela neoplatónica de filosofía: un extraordinario conjunto de logros para cualquier individuo de cualquier época. Se llamó Hipatia. Nació en el año 370 en Alejandría. Hipatia, en una época en la que las mujeres tenían muy pocas opciones, se movió libre y discretamente por los dominios entonces reservados en exclusiva a los hombres. La Alejandría de la época de Hipatia –bajo dominio romano desde hacía ya tiempo- era una ciudad que sufría graves tensiones. La creciente iglesia cristiana estaba consolidando su poder e intentaba hacer desaparecer la influencia y la cultura de la civilización clásica, a la que consideraba pagana. Hipatia estaba en medio de estas fuerzas. Cirilo, el arzobispo de Alejandría, la odiaba porque era un símbolo de cultura y de ciencia, que la iglesia identificaba con el paganismo. A pesar del grave peligro personal que ello suponía, continuó enseñando y publicando, hasta que en el año 415, cuando iba a trabajar, cayó en manos de una turba fanática de feligreses de Cirilo. Hipatia fue asesinada. Cirilo fue proclamado santo.

15/10/08

A vida na porta da neveira

A vida que levamos vai tan rápida que mesmo non temos tempo nin de falar coa nosa propia familia.
¿Imaxinas que con 15 anos tiveras que relacionarte coa túa nai a través destas notas amarelas que vos deixárades suxeitas cun imán na porta do frigorífico?
A pesares do cómico que en principio poida parecer esta situación, agáchase un drama - en realidade varios, se che paras a pensalo un pouquiño... -, que moitos de no, temos, tivemos ou tendremos cerca.
Nais (pais), fillas (fillos) e todos en xeral podemos acercarnos a este libro que narra cousas cotiás desta forma de vida frenética na que estados todos inmersos case sen darnos conta.

É un libro sinxelo para todas as idades, acabo de atopar un comentario dunha alumna de 4º ESO. De todas formas non regales este libro sen lelo primeiro, ten un punto delicado que pode dañar ao lector...

La vida en la puerta de la nevera de Alice Kuipers está en Biblioarzúa

11/10/08

¡Como cambian los tiempos!.... ¿que te parece?

Pois si, seguindo na liña que nos marcamos de 9 meses 9 causas, continuamos a voltas coas bibliotecas, neste caso coa nosa e para que pasedes un rato agradable vendo vellas imaxes e novas realidades aquí vos deixo cunha vella e bela canción cubana de "Los compadres" que fai referencia ó cambio dos tempos, mentras mirades os cambios, escoitade porque realmente .... ¡Como cambian os tempos!


Discover Various Artists!




10/10/08

La Biblioteca de Alejandría


Durante seiscientos años a partir de 300 a. C. en Alejandría floreció un modo de vida que todavía hoy admiramos. Su población tenía una maravillosa diversidad: soldados macedonios y más tarde romanos, sacerdotes egipcios, aristócratas griegos, marineros fenicios, mercaderes judíos, visitantes de la India y de África subsahariana; todos ellos vivían juntos en armonía y respeto mutuo durante la mayor parte del período que marca la grandeza de Alejandría. La ciudad fue fundada por Alejandro y construida por su antigua guardia personal. Alejandro estimuló el respeto por las demás culturas y una búsqueda sin prejuicios del conocimiento. Respetaba los dioses de las otras naciones. Su ciudad estaba construida a una escala suntuosa, porque tenía que ser el centro mundial del comercio, de la cultura y del saber. Así, en ella estaba el enorme faro, una de las siete maravillas del mundo antiguo situado en la isla de Faros.
Pero la mayor maravilla de Alejandría era su biblioteca y su correspondiente Museo (en sentido literal, una institución dedicada a las especialidades de las Nueve Musas, las diosas de las artes y de las ciencias). Este lugar fue en su época el cerebro y la gloria de la mayor ciudad del planeta, el primer auténtico instituto de investigación en la historia del mundo. Había en la Biblioteca una comunidad de eruditos que estudiaban la física, la literatura, la medicina, la astronomía, la geografía, la filosofía, las matemáticas, la biología y la ingeniería. La Biblioteca de Alejandría es el lugar donde los hombres reunieron por primera vez de modo sistemático el conocimiento del mundo. Fue construida y sostenida por la dinastía de los Tolomeos, -fundada por uno de los capitanes de Alejandro: Tolomeo Lagos, por lo que también se les llama Lágidas- los reyes griegos que heredaron la porción egipcia del imperio de Alejandro Magno. Desde la época de su creación en el siglo III a. de C. hasta su destrucción siete siglos más tarde, fue el cerebro y el corazón del mundo antiguo



9/10/08

A biblioteca de Alexandría

Seguindo a entrada de Catalina de fai uns días busquei algo máis sobre esa biblioteca e descubrin estes vídeos sobre a biblioteca que me resultaron interesantes.
Se vos gusta a historia botade unha ollada, ver os catro é un pouco longo, pero creo que vale a pena, aínda que sexa en varias sesións.




6/10/08

Inventando las bibliotecas

Somos –según parece- la única especie que ha inventado una memoria que no está almacenada ni en los genes ni en el cerebro. El almacén de esta memoria se llama biblioteca. En la imagen, la biblioteca de Celso, en Éfeso. Un libro se hace a partir de un árbol. Al conjunto de partes planas y flexibles lo llamamos todavía “hojas”. La escritura es quizás el mayor de los inventos humanos, un invento que une personas, gentes de épocas distantes, que nunca se conocieron entre sí. Los libros nos liberan de las ataduras del tiempo y demuestran que el hombre puede hacer cosas mágicas.
La escritura cuneiforme, el antepasado remoto del alfabeto griego –el que ahora usamos nosotros ligeramente modificado-, se inventó en Mesopotamia hace unos 5000 años. Durante miles de años, la escritura se grabó con cincel sobre barro y piedra, se rascó sobre cera y corteza, se pintó sobre papiro, tela y pergamino. Luego, con la invención del papel y de la imprenta, se imprimieron libros por todo el mundo. Poco antes de la invención del tipo móvil, hacia 1450 no había más que unas cuantas docenas de miles de libros en toda Europa, todos escritos a mano: una décima parte de los existentes en la gran Biblioteca de Alejandría. Cincuenta años después, hacia 1500, había diez millones de libros impresos. La cultura se había hecho accesible a cualquiera que supiese leer. La magia estaba por todas partes.Han pasado ya veintitrés siglos desde la fundación de la Biblioteca alejandrina. Si no hubiese libros, ni documentos escritos, esos siglos serían un espacio de tiempo difícilmente salvable y la información que se hubiese podido transmitir enormemente menor.

1/10/08

Comenzamos o mes adicado á Biblioteca

Biblioteca de Mafra (Portugal)
Vía O segrel do penedo acábome de enterar que resulta que xa temos MES INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, e é curioso como nós sen sabelo xa tiñamos na nosa programación (nove meses nove temas), adicarlle este mes de Outubro ás Bibliotecas en xeral e a nosa en particular. Estas son as nosas propostas:
  • Neste mes faremos nas horas de titoría a Formación de Usuarios, que centraremos sobre todo nos cursos de ESO.
  • Buscaremos coñecer algunhas bibliotecas en particular, a través do taboleiro da entrada e tamén do blog.Estas bibliotecas serán:
  1. A nosa pola que pretendemos que pasedes todos durante este mes.
  2. A biblioteca do Concello.
  3. A Biblioteca de Alexandría.
  4. A Biblioteca do Congreso dos EEUU.
  5. As bibliotecas virtuais (ex.- A Biblioteca Cervantes).
  6. Bibliotecas que entran pola vista.
  • Tamén haberá exposicións de libros que falan de bibliotecas
  • O día 24 (venres) haberá sorpresas na biblio, así que animádevos e entrade....¿?
  • Nas horas de recreo a biblioteca estará aberta a todos aqueles veciños, pais, nais... que desexen coñecela.
  • E na última semana faremos unha sesión de cine na biblioteca para todos aqueles que se apunten.........

Bueno que temos cousas (moitas cousas) que ofrecer e iniciamos o camiño con ilusión, e CONTAMOS CON VÓS.