28/2/09

Xardíns do mundo I

Emulando á grande Loly Lago de O segrel do Penedo coas súas entradas de librarías e bibliotecas especiais, e máis modestamente claro... vou empezar a mostrarvos fermosísimos xardíns de todo o mundo, lugares cheos de paz e beleza ós que podes levar un libro e onde entón a felicidade sería completa... ¿Que sería de nos sen a natureza? e tamén e porque non ¿que sería de nos sen esa beleza creada polo home como son os xardíns?, xa sabemos que a especie humana é capaz do peor e do mellor, intentemos quedarnos co mellor e admirar tamén as fermosas obras humanas...
Hoxe para empezar imos visitar O Xardín de Bahai en Haifa - Israel, pola súa fermosura e tamén polo seu simbolismo de paz entre todos os seres humanos.
O primeiro que pensamos cando se chega a Israel, é nunha paisaxe desértica, pero non é así, non en vano son o país punteiro en sistemas de aproveitamento de auga e en sitemas de rega, unha tecnoloxía que lles permite ser un dos grandes productores agrícolas e tamén exportador de tecnoloxía e productos para o rego, buscando minimizar as perdas de auga e rendibilizar ó máximo os recursos neste sentido.
Un dos lugares onde esto se ve claramente son os Xardíns de Bahai en Haifa, un espazo verde, cheo de flores e céspede que se extende pola colina do Carmel. O lugar é o centro de meditación dos seguidores da relixión Bahai, esta é pouco coñecida, foi establecida en Persia en 1862, creen nun único deus, apoian a unificación de todas as relixións, a paz mundial, a igualdade entre homes e mulleres, a educación e a xustiza.
O lugar foi declarado Patrimonio Cultural da Humanidade, a súa construcción costou uns 250 millóns de dólares e rematouse no ano 2001. Os custes anuais de mantenemento son de 4 millóns de dólares e son financiados exclusivamente por membros da comuidade relixiosa.




Ver:

"Si tienes una biblioteca con jardín, lo tienes todo" (CICERÓN)

Semana da Banda Deseñada IV

Pois completamos a semana da Banda Deseñada co Taller co que nos deleitou David Prieto "Gochi". Estívonos facendo unha introducción sobre o seu traballo como ilustrador de cómics e tamén como editor e... de igual xeito que Anxo Fariña, foi moi educativo e tamén fixo fincapé na necesidade dun esforzo grande para chegar a "poder vivir desto", falounos de cifras e os rapaces alucinaron cando lles contou o que supoñía facer un cómic como o de "Tramallo e o tesouro da Carraxe " en canto a tempo e en canto a cartos.... REALMENTE TODO PARECE MÁIS DOADO DO QUE EN REALIDADE É, e ademais non temos nin idea do que custa facer as cousas e é moi fácil botar a lingua a pastar (alguén xa dixo que a ignorancia é moi atrevida).
Pois eso que foi unha mañá sen presas, con profesionalidade manifesta, con ilusión, con dedicación, con traballo, con risas, con admiracións, con pinturas de antroido, .... con humor........ con VIDA.
Aquí vos deixo en imaxes unha mañá fantástica e moi productiva (incluso para aqueles que non temos nin idea de debuxar). Un verdadeiro pracer....

26/2/09

LA PERLA

En marzo de 1940, Steinbeck foi a A Paz e escoitou contar unha historia que segundo dicían sucedeu una poucos anos atrás. Narrabase un conto sobre un indio que atopou unha perla de tamaño extraordinario.

O relato impresionou a Steinbeck polo realismo e polo esplendidamente que retrataba o conflicto latente na cidade e a avaricia que hai no corazón do home que fai esquecer o sentido da xustiza e da solidariedade.

Finalmente decidiu empregar a historia como base deste relato curto que é “A Perla”.

A Perla pareceume unha obra complexa, aínda que nos poida parecer un conto sinxelo: é como a propia vida, na que nada é como parece á primeira ollada e os plans cando están feitos e formulados convértense nunha realidade fácil de atacar... tanto que mesmo pode arrastrar a aquel que os fixo.

25/2/09

Semana da banda deseñada III

O luns 16 de febreiro tivemos a sorte de que nos acompañara Anxo Fariña, un dos máis afamados e mellores ilustradores da nosa Galiza. Estívonos contando a súa vida a través das súas ilustracións e foi moi, pero que moi pracenteiro e divertido.... é un comunicador excelente que ademais nos deixou o seu sentido do traballo duro para poder chegar a onde un quere e tamén a súa filosofía de olvidar ós críticos, ... que o que importa son as gañas e a ilusión coas que se fan as cousas... O dito un pracer e toda unha lección para os máis novos de éxito pero unido ó esforzo. Para os seus seguidores anunciou que está a punto de saír a terceira entrega dos Megatoxos, pero que tampouco pensa facela estirar e estirar... xa que pretende facer moitas cousas e moi variadas na vida.

24/2/09

Semana da banda deseñada II

Pois como xa explicou Oki, andamos, ou mellor dito rematamos a semana de banda deseñada do IES de Arzúa e foi un éxito, creo que os rapaces e rapazas deste centro viron que este xénero é moi variado e entretido, social,...
Tamén teño que dicir que o Club de Lectura "Arredor de Si", participou nesta semana coa lectura dos libros de Trasmallo de Gochi e cos dous da saga dos Megatoxos de Anxo Fariña. Tamén axudaron a montar a exposición que agora vos traio en fotos.
Noutro post mostraremos a sesión con Anxo Fariña para os primeiros cursos da ESO e o taller que montou Gochi para os cursos superiores e bacharelato.
Na exposición houbo unha representación dos distintos xéneros de banda deseñada da biblioteca (cómic e literatura, mánga, denuncia, social, banda deseñada en galego, banda deseñada en varios idiomas (francés, inglés, grego, latín,...), tamén se fixo unha visión de como son as técnicas utilizadas no seu deseño, e por suposto tamén unha pequena biografía dos nosos invitados esa semana.

23/2/09

Utiliza o móbil con sentidiño

Hoxe vouvos traer un video de youtube que me enviaron por correo e me fixo pensar sobre o mal uso que facemos TODOS E TODAS (rapaces e rapazas incluídos) dos teléfonos móbiles. As veces unha simple distracción acaba con moitas esperazas.
Estos exemplos son unha forma clara de demostrar que a seguridade vial está moi relacionada cun uso correcto deste aparato que se colou nas nosas vidas sen ruídos e instalouse para sempre.
Feliz antroido e recordade .... SENTIDIÑO

19/2/09

A SEMANA DA BANDA DESEÑADA

O venres pasado iniciamos a SEMANA DA BANDA DESEÑADA. É esta unha actividade na que participa o Departamento de Educación Plástica e Visual, O ENDL e a Biblioteca.

Fixemos unha exposición de cómics diversos na entrada do noso IES, e o ENDL iniciou as actividades co autor do cómic galego dos Megatoxos, Anxo Fariña, que estivo no noso instituto o venres pasado.

Este venres virá
Gochi, o autor galego de “Tesouro de Carraxe” e “A Santa Compaña”, que fará un taller de deseño de cómic entre o noso alumnado.

Eu aproveitei para ler algo da banda deseñada que temos na biblioteca e descubrín a BONE de Jeff Smith.

BONE é unha saga dun heroe involuntario, que xunto cos seus curmáns van para a un valle máis aló dos límites do seu mundo coñecido.

FONE BONE atopará alí a todo unha sorte de personaxes humanos, monstroratas, (chámanse así uns monstros en forma de ratas) e dragóns. E alí coñecerá o amor por Thorn, unha misteriosa rapaza humana que ten soños estraños e que ten unha avoa non menos particular.

É un cómic tenro e gracioso que mestura unha aventura de tintes máis ben épicos cun persoaxe tipo Bugs Bunny (isto último o recoñece o propio autor).


Bone está en Biblioarzúa (por certo está en cores non en branco e negro)
Por certo, como souben agora, o blog de Trafegando ronseis tamén fixo un descobremento deste cómic e un comentario que podedes ler aquí.

16/2/09

El cazador de estrellas

Bachir vive nun campamento de refuxiados saharauis. Unha doenza pulmonar obligalle a permanecer inválido na súa tenda, dende onde escoita atentamente os sonidos que chegan ata él. A través do oído trata de imaxinar o que sucede ao seu redor.
O contexto temporal é a República Saharaui, que loita por manterse libre e independente a través dun conxunto de cidades formadas por jaimas, (tendas de campaña), ao mesmo tempo que mostra a provisionalidade (verdadeiramente tan longa) das súas vidas.
Con esta novela Ricardo Gómez gañou o premio ELANDAR, da Editorial Edelvives, e como sucede noutras das súas obras, rapaces e rapazas viven situacións dramáticas que conseguen superar grazas ao seu esforzo persoal e á poesía, considerada no seu significado máis amplo.
É unha historia de ficción baseada en feitos reais. A partires deses feitos crease un mundo que nos mostra dúas visións: a particular e individual de Bachir, co seu sofremento e ao mesmo tempo ilusión por coñecer e aprender outras cousas máis aló destas jaimas cheas de area, e a propia visión da República Saharaui que quere converterse dunha vez nun estado independente e autónomo.

El Cazador de estrellas de Ricardo Gómez está en Biblioarzúa



Pois unha vez máis perdón pola intromisión no post de OKI, pero resulta que non podiamos ver os post do blog e cortei e peguei de novo a última entrada. Espero que saibades perdoar algunhas cousas que son cousas de novatos

9/2/09

Ojalá

“Sigamos amando pese a todo. El amor es el poder real entre todos los poderes” (Silvio Rodríguez)
Hoxe traivos unha das cancións de amor/desamor máis marabillosas de todos os tempos. Super coñecida, a min traéme moitos recordos de xuventude, paréceme un auténtico poema , espero que o disfrutedes, a min aínda se me eriza a pel cando a escoito... Titúlase: OJALÁ e interprétaa de forma maxistral o seu autor: SILVIO RODRÍGUEZ.


Ojalá que las hojas no te toquen el cuerpo cuando caigan
para que no las puedas convertir en cristal.
Ojalá que la lluvia deje de ser milagro que baja por tu cuerpo.
Ojalá que la luna pueda salir sin ti.
Ojalá que la tierra no te bese los pasos.

Ojalá se te acabe la mirada constante,
la palabra precisa, la sonrisa perfecta.
Ojalá pase algo que te borre de pronto:
una luz cegadora, un disparo de nieve,
ojalá por lo menos que me lleve la muerte,
para no verte tanto, para no verte siempre
en todos los segundos, en todas las visiones:
ojalá que no pueda tocarte ni en canciones.


Ojalá que la aurora no dé gritos que caigan en mi espalda.
Ojalá que tu nombre se le olvide a esa voz.
Ojalá las paredes no retengan tu ruido de camino cansado.
Ojalá que el deseo se vaya tras de ti,
a tu viejo gobierno de difuntos y flores.

(1969)

8/2/09

Grazas grupo GBI

O xoves 29 de xaneiro tiven o gran pracer de compartir con tres bós amigos un día inesquecible e marabilloso: O grupo GBI (Loly (o segrel do penedo), Antonio Martínez (Biblioafonso e Iniciarte) e Antonio Alonso (ANB)), recibíronme cos brazos abertos e invitáronme a unha comida fantástica e sobre todo a unha conversación desas que sempre te deixan coa sensación de querer máis...
Como non teño moitas máis palabras que dicir máis que GRAZAS POR ESTE FANTÁSTICO DÍA, déixovos con algunhas fotos que saquei para que vexades o que é un traballo ben feito. Non ten nada que ver coas crónicas que realiza Loly, pero é a miña modesta aportación a un fermoso día.

4/2/09

Un poema de amor

Neste mes de Febreiro un poema de amor, neste caso para facernos pensar e sempre respectar ós nosos anciáns que as veces tan alegremente abandonamos.
Título: Los Ancianos
Autor: Manuel Gerena.
Los ancianos son amores
que aquí sembraron vida,
la juventud nunca olvide
que nació de esta semilla.
Los ancianos son las flores
que deshojan cada otoño,
nuestra vida es la razón
de que nunca sean estorbos.
Nacieron en otra hora,
y los ancianos pasaron
el puente de la firmeza:
necesitan nuestra mano.
Los ancianos son amores,
que son claveles y rosas,
si florecieran cien años,
¡Ay que vida más hermosa!
Viven en el mismo tiempo
los niños y los ancianos;
repartiendo alegría
en la calle están jugando.
Sufren más por nuestras vidas,
que por sus vidas sufrieron,
un mundo para nosotros
los ancianos construyeron.