30/11/09

O VAGÓN DAS MULLERES

Titulo: El vagón de las mujeres
Autora: Anita Nair
Editorial: Alfaguara

En Biblioarzúa.

Coincidindo co Blog Trafegando Ronseis propóñovos outro libro para este mes de mulleres, sobre mulleres e para mulleres... e homes.

Ata 1998 en Banglalore (India) existía unha taquilla especial para minusválidos, anciáns e mulleres e na maior parte dos trenes nocturnos había tamén un vagón especial para mulleres...

Nun deses compartimentos coinciden 6 mulleres entre a que se creará un ambiente de camaradería e intimidade especial. Asi, cada unha delas confesará ás outras a súa propia historia.
E esas mulleres comúns, como poidamos selo calquera, permiten que unhas estrañas entren na intimidade das súas duras, sorprendentes e ás veces terribles experiencias que son as súas vidas.

26/11/09

25 DE NOVEMBRO

Pois coma sempre neste día as bibliotecas escolares fixeron grandes cousas para non esquecer esta lacra social e nós unímonos a esta conmemoración cun marabilloso traballo de dúas amigas das bibliotecas e tamén persoais ás que adoro. Falo das presentación feitas por Loly Lago do IES de Fene e por Charo Sánchez do IES Sanchez Cantón de Pontevedra. E tamén dende o blog amigo de Trafegando Ronseis, outra marabillosa presentación que da que pensar. Noraboa polo voso traballo sempre sensible e magnífico e GRAZAS POR TODO.




Día Internacional contra a Violencia de Xénero 2009 from trafegandoronseis on Vimeo.

21/11/09

Desaparecerán os libros de texto?

Mándame o meu irmán un enlace a un blog interesante e atopo esta información que vos paso para a reflexión.

Los libros de texto de código abierto no son otra cosa que libros colaborativos escritos y mejorados por muchas manos. Al contrario que los libros de texto tradicionales, encargados a uno o varios autores, inmodificables por definición, inmutables hasta la siguiente reedición, caros por cuanto su confección, corrección, edición, producción y distribución requerían de verdaderos ejércitos de profesionales, los libros de texto de código abierto son obras en evolución constante, modificables y editables a voluntad, baratos por cuanto no comportan producción industrial alguna, sencillamente distribuibles mediante descarga electrónica.

Los flexbooks, que así se llaman esta clase de obras educativas generadas cooperativamente, amenazan con hacer desaparecer, definitivamente, al libro de texto tradicional, acantonado, quizás, en sus últimos y aparentes éxitos comerciales.Desde el mes de mayo de 2009, el Estado de California en los Estados Unidos adoptó los libros de texto open source como fuente de abastecimiento de sus escuelas estatales. Varios factores concurrieron para que se tomara esa decisión: la bancarrota innegable del Estado regido por el musculoso prócer Schwarzenegger, y la sospecha fundada de que los libros de texto tradicionales eran caros, justificadamente caros si se quiere, y lentos, muy lentos en su capacidad de introducir y fijar los nuevos conocimientos, como no podría ser de otra manera en la tecnología del papel.

Es cierto que ambas afirmaciones son discutibles si las valoramos según los parámetros de la industria tradicional: el coste de un libro de texto, en el que intervienen decenas de personas, entre autores, correctores, editores, maquetadores, diseñadores, impresores, distribuidores y comerciales, no puede ser barato; la tecnología del papel, en este caso, no permite una renovación diligente de los cambios acaecidos en las disciplinas, aunque muchos dirían que tampoco los libros de texto tienen la obligación de ofrecer a los alumnos de primaria o secundaria la más rabiosa actualidad, siempre sujeta, a su vez, a discusión, por son más compendios y síntesis razonadas que medios de difusión de las novedades. Los buenos libros de texto tradicionales, además, ofrecían una clara secuencia pedagógica vinculada con unos objetivos inteligibles, gracias a la intervención de pedagogos y directores editoriales.Pero lo que sí resulta cierto es que las contribuciones de los profesores al contenido de lo que impartían siempre era limitada, tan restringida que la mayoría se acaba conformando con transmitir, estrictamente, lo que el libro ofrecía ordenadamente.

19/11/09

EL ABANICO DE SEDA

Autora: Lisa See
Editorial: Salamandra
Traducción: Gemma Rovira Ortega
Seguindo con propostas de libros escritos por e sobre mulleres acércovos a esta novela que rematei esta semana.
Que ás mulleres nos trataron mal en todas as culturas é cousa sabida, que parece que melloramos tan pouco nos últimos tempos tamén, que moitas veces as mulleres traballan e viven sendo dirixidas as súas vidas e planeadas polos que lles rodean sen poder elas mesmas decidir o seu propio destino é igualmente verdade...

Na China, cultura prodixiosa, chea de avances técnicos e cuna de cerebros portentosos, estaba vixente hasta fai ben pouco a "tradición" do vendado dos pes nas nenas pequenas. Vendado cuio fin último era lograr uns pes perfectos, chamados "lotos dourados" de arredor de 7 cm. Para elo o talón debía ser redondo e blando e todo o peso do corpo recaería sobre o dedo gordo. Era necesario, tamén, que os dedos rompesen ata chegar a tocar ese talón... todo un ritual cheo dunha dor que a min me resulta inimaxinable para conseguir finalmente a recompensa da FELICIDADE (no matrimonio, por suposto...¡¡¡ !!!!!) E todo facíase a edades entre os 4 e os 8 anos duranro este proceso arredor de 2 anos...

Estamos ante un libro en forma de novela pero moi instructivo en moitos aspectos da cultura china arredor da vida das nenas (por suposto interesante para nós, occidentais, porque na China as nenas son unha desgracia e a riqueza e a valías das propias mulleres dependía do número de fillos varóns que deran a luz...)

Tamén fala dunha escritura secreta "nu shu", coñecida e empregada soamente polas mulleres para comunicarse os seus sentimentos e pensamenton máis íntimos, destruída pola revolución pero que agora parece ser símbolo de liberdade e rebeldía...

Un libro tristísimo de Lisa See que a pesares todo merece a pena ler.

17/11/09

Facebool. Coñécelo?

¿Quen non oiu falar de Facebook?, ¿Quen non ten unha conta, un amigo,ou .... en Facebook?. Si hasta as radios e televisións están enganchados ás redes sociais en Facebook, pero tal vez deberiamos saber algo máis...
....

13/11/09

O SEGREDO DE SOFONISBA

Neste mes de novembro que En Biblioarzua dedicamos ás mulleres, vouvos falar desta grande descoñecida da que acabo de ler unha novela de Lorenzo de’ Medici (Qué nome tan especial, non?)

Penso que estamos ante unha novela histórica que en medio dunha trama inventada que permite achegarnos a unha das máis grandes retratistas do renacemento: Sofonisba Anguissola, que o propio Rubens (este si que coñecido por todos, pero este era home...) asegurou que creou un debuxo inédito que antes ninguén atreveuse a abordar, sabendo plasmar nos seus cadros innovación e profesionalidade como ningún artista masculino, sendo a primeira vez na historia que o talento pictórico era atribuído a unha persoa do sexo feminino cunha vontade tenaz, capaz de reivindicar unha inconcibible e inaudita igualdade de dereitos entre homes e mulleres.

Nun mundo feito, pensado e gobernado polos homes non é posible imaxinar as dificultades polas que tivo que pasar para continuar pintando dunha forma profesional.

Foi pintora na corte de Felipe II, nunca de forma oficial, aínda que viviu nela máis de quince anos, pero o feito de pintar non lle era considerado un traballo, catalogábase como un “pasatempo”, unha excentricidade (“ ¿ela...? ¿Unha muller que se entretén pintando? Era verdadeiramente insoportable....”). E moitos das súas pinturas nunca foron recoñecidas como tales, senon que lle foron atribuídas ao pintor oficial da corte ou a outros artistas aínda que todos sabían que a gran pintora era ela.

Asistimos tamén a unha particular visión do Vaticano, centro de autoridade por excelencia da época, como un niño de víboras, escenario dos máis variados xogos de poder e influencia.

Podedes ir ao blog de Iniciarte que ten unha entrada moi interesante sobre esta pintora