26/6/09

ADEUS AO REI DO POP

Michael Jackson morreu nos Ánxeles aos 50 anos xusto antes de dar os seus últimos concertos en Gran Bretaña.

Thriller, é o disco máis vendido da historia da música. Este artista ten no seu haber 750 millóns de álbumes vendidos en todo o mundo e o seu paso de baile "moonwalk" ou "paso da luna" é irrepetible e inesquecible.

O rei do pop xa non dará ningun concerto nin escándalo máis. Quizáis alá onde estea logre aqueles sonos que aquí resultaron imposibles para a súa alma supoño que atormentada e poseída por toda unha sorte de drogas e sustancias que pode que sexan as que o levaron cando aínda era demasiado xoven para morrer.

22/6/09

DONDE VUELAN LAS COMETAS

Descubrir toda a amargura do mundo nas lágrimas da esposa que non sabe que pasou co seu home ou nas do pai que ignora se o seu fillo esta vivo ou morto... é unha desolación infinita.

A traizón aterra. Todos poden ser víctimas da persecución do dictador e os seus secuaces. As persoas son secuestradas e desaparecen en oscuras celdas das cárceres máis secretas, quizais terriblemente torturados e sentenciados por verdugos implacables e son acusados de disidencia ou de delitos políticos inventados por calquera veciño delator...

As función de teatro, os contacontos na praza do pobo, a edición de libros... todo prohibido por orde do tirano. Mesmo foi prohibida a alegría, xunto coa música, a festa e o bo inocente das cometas... as cometas coas que as familias recordaban aos seus mortos sen tristeza, sen morriña, a cometa que é o espírito dos parentes que xa deixaron esta vida, e así os recordamos libres e vagando sen présas polo ceo, entre nubes e outras moitas almas, protexéndonos de males e desgracia... pero o dictador tamén prohibiu que os nenos fagan voar as súa cometas, temendo, quizais, que a través da forza do aire que axita as cometas todos saiban que os homes e as mulleres naceron para seren libres.

Donde vuelan las cometas de Miguel Rayó está en Biblioarzúa

19/6/09

EL JUDIO DE SHANGAI

En China, nunha nación desmembrada, onde a vida de millóns de pobres vale menos que un anaco de terra improductiva; un país invadido violentamente polos xaponeses e pacificamente polos occidentais; unha terra onde a muller converteuse en escrava dos desexos dos homes máis miserables e crueis que a humanidade coñeceu; un estado sen cabeza e sen timonel e en consecuencia en plena zozobra...

Neste mundo os xaponeses establecen en Shangai o único gueto xudeu do munod que non está en mans dos nazis son recluídos un matrimonio de xudeus e todo parece precipitarse ao caos. Pero o cónsul de España enfrentarase á policía secreta xaponesa nun desesperado intento para salvalos, e unha antiga escrava sexual do exército xaponés converterase en crave desta soprendente novela de Emilio Calderón.

16/6/09

O LADRÓN DA FORCA

De cara ao verán vou falarvos dalgúns libros fáciles, para ler sen máis pretensións que pasar un bo rato en calquera lugar.

O Ladrón da forca é unha novela que catalogamos como histórica en Biblioarzúa, e de intriga e misterio onde o protagonista debe investigar para o goberno inglés a violación e asasinato dunha condesa.

Está ambientada no Londres de principios do século XIX, nun dos períodos máis activos da forca en Inglaterra e Gales, dous lugares nos que existía a crenza de que o castigo extremo poñería freo ao delito e así se forxou o “Código Sanguento” con máis de 200 delitos castigados coa forca.

En total nesa época leváronse a cabo máis de 2.000 execucións en 27 anos (entre 1805 e 1832) aínda que as sentencias de morte dos xuíces foron moitas máis: case 6.000 sentencias á morte. A diferenza eran as penas conmutadas por desterros entre outros.

8/6/09

LA SOLEDAD DE LOS NÚMEROS PRIMOS

Veño de rematar de ler LA SOLEDAD DE LOS NÚMEROS PRIMOS, que me regalou meu irmán coincidindo neste cao coas como sempre acertadas recomendacións do noso apreciado e querido blog de Trafegando Ronseis.

É un libro moi especial, sobre dúas almas xemelgas destinada a estar sempre cerca unha doutra desexando desesperadamente tocarse e… non son capaces.

Como os números primos xemelgos (5 e 7, 11 e 13… separados por unha cifra para no medio dos dous), os protagonistas do relato están sempre en parella, pero sempre distantes; sempre xuntos pero no fondo tan lonxe un doutro…

Creo que é un libro ben estruturado, cheo de sensibilidade e dotado dun halo de tristeza da que non puiden desprenderme ata nin no final (por certo, creo que está no punto exacto e non decae como adoita pasar…)

Podedes ler uns comentarios doutra xente aquí e unha entrevista co autor Paolo Giordano

7/6/09

A EMPERATRIZ DOS ETÉREOS

Un mundo imaxinario, nun futuro incerto onde as persoas habitan en covas resgardados dun exterior xeado, frío e sen sol.

Un rapaz que soña con outro mundo habitado por seres etéreos que viven baixo unha estrela fermosísima que atrae con forza e magnetismo.

Unha rapaza, que é a protagonista desta historia, que é tranquila e sen aspiracións na vida máis que v¡vir o máis tranquilamente que poida, finalmente vai na procura deste "amigo" antes de que sexa demasiado tarde.

Unha aventura ao longo da cal descubrirá moitas cousas dela mesma e dunha realidade que existe aínda que non se queira recoñecer.

Amistad, aventura, amor, solidariedade... Unha historia que engancha en canto les unhas poucas páxinas.

O sitio web oficial é precioso, merece a pena dar unha volta e disfrutalo. Tamén acabo de ver que en BlogFesquío teñen unha entrada estes días cunha ligazón á páxina oficial da autora Laura Gallego.

La emperatriz de los etéreos está en Biblioarzúa.

5/6/09

PARECE QUE LER LEMOS

Publicado o barómetro de hábitos de lectura e compra do 1º Trimestre do 2009 vexo:

Que case a metade da poboación asegura ler diaria ou semanalmente,

Que as mulleres seguen a ler máis que os homes,

Que a principal motivación da lectura é o pracer da mesma,

Que a lingua fundamental de lectura é o castelán, facendo a lectura noutras linguas case inexistente (se exceptuamos o catalán que ten unha pequena cota que merece a pena considerar, mesmo lese menos en galego que en inglés),

Que se le máis en niveis grandes de poboación, pero que nesto hai un compoñente sociolóxico grande (estudos, idade da poboación, etc),

Que aproximadamente un tercio foi a unha biblioteca no último ano,

Que os nenos de ata 13 anos se consideran lectores case todos, a maior parte deles din que decisión propia,

Que os libros máis lidos por estes nenos son Kika Superbuja, Harry Potter e Gerónimo Stilton,

Que o autor máis lido é Ken Follet e o español Carlos Ruiz Zafón (en 3º posto global) e o máis comprado Stieg Larsson,

Se queredes ver todo o informe con cifran máis concretas podedes atopalo no Boletín Informativo 32 da Xunta de Galicia da consellería de Educación e Ordenación Universitaria. (que non sei que fago que non podo facer o enlace...)

1/6/09

ESCALOFRIANTES HISTORIAS DE NIÑOS PRODIGIO

É un libro con sete contos para lectores a partires de 12 anos.

Atopamos relatos de nenos “prodixio(sos)” na medida que son grandemente singulares ou teñen alguna habilidade moi pouco común.

Son divertidas, áxiles e a autora introduce pequenos entretenimientos como que todas as personaxes de algún dos contos teñen o nome comenzando pola mesma letra.

Relatos imaxinativos, fantásticos, todos recuperando ese contido de aprendizaxe dos contos tradicionais para nenos.

Relatos onde comprobamos o difícil que é ser diferente moitas das veces, pero que iso non é malo, senón todo o contrario (aínda que os demáis non nos entendan e non nos dei máis que problemas, provocados en numerosas ocasión polos demáis...).

E cuns debuxos bastantes lindos (para o meu parecer).

Escalofriantes historias de niños prodigio de Linda Quilt está en Biblioarzúa