16/6/09

O LADRÓN DA FORCA

De cara ao verán vou falarvos dalgúns libros fáciles, para ler sen máis pretensións que pasar un bo rato en calquera lugar.

O Ladrón da forca é unha novela que catalogamos como histórica en Biblioarzúa, e de intriga e misterio onde o protagonista debe investigar para o goberno inglés a violación e asasinato dunha condesa.

Está ambientada no Londres de principios do século XIX, nun dos períodos máis activos da forca en Inglaterra e Gales, dous lugares nos que existía a crenza de que o castigo extremo poñería freo ao delito e así se forxou o “Código Sanguento” con máis de 200 delitos castigados coa forca.

En total nesa época leváronse a cabo máis de 2.000 execucións en 27 anos (entre 1805 e 1832) aínda que as sentencias de morte dos xuíces foron moitas máis: case 6.000 sentencias á morte. A diferenza eran as penas conmutadas por desterros entre outros.

No hay comentarios: