22/10/08

Encontros para aprender e pasalo ben

O pasado fin de semana celebráronse en Santiago os II Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia, e coma sempre foron unha pasada, non só no sentido estrictamente da aprendizaxe (nada desdeñable en absoluto), senón tamén no sentido social e de amizade e ademais rematamos ríndonos das cousas tan serias das que estivemos a falar durante un día e medio, o que indica que todo depende da cor con que miramos e non hai nada tan sagrado que non nos permita ver o mundo cun pouco de optimismo e felicidade.
Como eu sería incapaz de facer unha reportaxe tan clara, concisa e marabillosa como a que vin no blog amigo O Segrel do Penedo, aí vai o enlace para que vexades o ben que se pode pasar e o que se aprende nunha actividade de formación cando hai cariño, coidado e sabedoría por detrás (Cristina e Pilar da Asesoría de Bibliotecas e os compañeiros dos CEFORE).
Alguén dicía que esto das Bibliotecas Escolares crea adición e pensandoo ben si, siiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii que é verdade. Non sei si as biblios escolares son só unha barca no medio do océano, pero dende logo, ós que ata aquí chegamos, estamos encantados de pertecer a este mundo onde se traballa, se pasa ben e creo que se ven resultados.... ¿Que máis se pode pedir?

1 comentario:

Loly dijo...

Benquerida Marina, grazas pola referencia, aínda que me parece excesiva.
Pero si que o pasamos ben, e se queres a proba das risas entra en Radio Barullo e verás. Ou debería dicir "escoitaraste"...?
Apertas dende Fene.