Seguindo a Oki, eu tamén vos vou falar de ourizos, pero doutros ourizos... deses pequenos animais que teñen un enorme inimigo: os humanos... Si, si o que ledes, tal e como soa..... MIREMOS:
Resulta que o seu hábitat natural está onde teñen comida en abundancia e onde están as árbores caducas, xa que aproveitan as súas follas para construír os seus niños... e digo eu, cada vez hai máis bosques caducos na nosa Galicia ¿non si?.
Ano tras ano hai unha sangría enorme nas estradas de toda Galicia a partir de marzo (cando rematan a hibernación), ¡tremendo inimigo este co que se atoparon de golpe!, eles que prácticamente non teñen inimigos naturais... E ¿sabedes porque ocorre isto?. Pois porque estes animais asustadizos cando cruzan as estradas e ven un perigo (inimigos sobre rodas) para defenderse envólvense sobre si mesmos..
Ademais caen en furados de obras, canais... de onde non son capaces de saír
Si queredes máis visitade TEMPORAS, conta, ademais destas, cousas moi curiosas sobre este pequeno e descoñecido animal. Como di Oki, son tremendamente elegantes, aínda que moi vulnerables.
A marabillosa foto é de Manuel García López (publicada en fotonatura), e refírese a outro erizo (esta vez o de castiñeiro... do que tamén habería que falar algún día...). ¿Vedes todo o que se pode dicir e enlazar a partir dunha única palabra?
1 comentario:
Chachi, é moi interesante isto que dis porque estes "ourizos humanos" que aparecen no libro, tamén corren perigo de extinción na nosa sociedade: acurralados por aqueles que marcan as pautas de beleza e comportamento e que non deixan vivir a ninguén que sexa singular ou diferente ao que queren algúns dentre eles que se arrogan o dereito de dominio e un liderazgo imposto en virtude de non sei que lexitimacións absurdas e arbitrarias.
Publicar un comentario