6/6/07

Amizade e despedidas

Moitos de vos nin siquiera sabedes de que vai o PLAMBE, algún tal vez si, é o Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia (no que a nosa biblio está dende o curso 2005-2006). O que seguro ningúen sabe (só os que estamos dentro do mesmo), é que é moito máis que un plan de mellora..., é unha rede social de xente fantástica de pura vocación, cun sentido claro do que debe ser a ensinza, cunha visión utópica pero moi real da realidade, de que as cousas poden cambiar, de que con esforzo, animo e sobre todo compartindo, podemos chegar a metas insospechadas cando iniciamos a saída.

Creo que o PLAMBE, aportou moito máis que cartos ás bibliotecas, porque fixo visible a xente marabillosa que estaba detrás das mesmas... aportou a comunicación, a ilusión, a AMIZADE (sempre con maiúsculas) e ¿sabedes o mellor? que nos ilusionou a un grupo de xente que aterrizamos de novo nestes lares de tal forma, que foi como si nos inxectaxen osíxeno directamente en vea.

Eu, moitas veces, descontenta, protestona co sistema, aburrida de traballar, e a primeira en formular todas as queixas que vos poidades imaxinar, eu e a miña idade, aprendín, fixádevos que digo APRENDÍN, a renovar ilusións, a crer nas persoas por riba de todo, a que as cousas non se fan só con desexalas, hai que facelas, que hai que soñar, que as utopías tamén se acadan,...

Esto ven porque o noso PLAMBE, quedou hoxe coxo, dúas das persoas que me transmitiron toda esa ilusión, non siguen no proxecto, decidiron que ata aquí chegaban e eu quérolles mandar dende aquí o meu cariño e apoio e de paso tamén extendelo a todo o resto do PLAMBE que sempre está disposto a compartir, apoiar e a axudar.

Aconsellovos que miredes ben, hai moita, pero que moita xente interesante por aí.

[…]

- Sólo se conocen bien las cosas que se domestican - dijo el zorro - Los hombres ya no tienen tiempo de conocer nada. Compran cosas hechas a los mercaderes. Pero como no existen mercaderes de amigos, los hombes ya no tienen amigos. ¡Si quieres un amigo, domestícame!

-¿Qué hai que hacer? - dijo el principito.

-Hay que ser muy paciente - respondió el zorro-. Te sentarás al principio un poco lejos de mi, así en la hierba. Te miraré de reojo y no dirás nada. La palabra es fuente de malos entendidos. Pero, cada día, podrás sentarte un poco más cerca... (...)

Así el principito domesticó al zorro y cuando se acercó la hora de la partida:

-Ah!...-dijo el zorro-. Voy a llorar.

- Tuya es la culpa - dijo el principito - yo no quería hacerte daño, pero tú has querido que te domestique.

- Si dijo el zorro.

- Pero vas a llorar-dijo el principito.

-Si dijo el zorro.

-Entonces, no ganas nada.

-Gano -dijo el zorro-

Luego agregó:

-Ve y mira nuevamente a las rosas. Comprenderás que la tuya es única en el mundo. Volverás para decirme adiós y te regalaré un secreto.

El principito se fue a ver a las rosas:

-No sois en absoluto parecidos a mi rosa: no sois nada aún-les dijo-. Nadie os ha domesticado y no habeis domesticado a nadie. Sois como era mi zorro.. No era más que un zorro semejante a cien mil otros. Pero yo le hice mi amigo y ahora es único en el mundo.

(...)

Y volvió con el zorro.

- Adiós - le dijo.

- Adiós -dijo el zorro - He aquí mi secreto. Es muy simple: Sólo con el corazón se puede ver bien. Lo esencial es invisible para los ojos.

- Lo esencial es invisible para los ojos - repitió el principito para acordarse.

- Lo que hace más importante a tu rosa, es el tiempo que tú has invertido en ella.

- Es el tiempo que yo he invertido en ella - repitió el principito para recordarlo.

- Los hombres han olvidado esta verdad -dijo el zorro -, pero tú no debes olvidarla. Eres responsable para siempre de lo que has domesticado. Eres el responsable de tu rosa... .

- Yo soy responsable de mi rosa - repitió el principito a fin de recordarlo.

FRAGMENTO DE "EL PRINCIPITO"

4 comentarios:

O Segrel do Penedo dijo...

Disque hai moita xente interesante por aí... por suposto que si, e ti Marina es unha desas persoas marabillosas que coñecimos grazas ao PLAMBE. Logo eu sempre direi BENDITO O PLAMBE e BENDITA A AMIZADE (sempre con maiúsculas)
Bicos e aloumiños!!

Biblioafonso dijo...

Desde o IES Afonso X O Sabio queremos enviarvos o nosa máis sentida mostra de gratitude por ternos permitido apreciar o voso magnífico traballo. Sabemos que as cousas as fan as persoas e que nada será igual sen algún de vos.
Recibide o noso agradecemento pola salientable biblioteca construída en Arzúa. Parabéns. (Lembrade que a AMIZADE é o mellor que podemos compartir)

Andrade 39A dijo...

Ler cousas como éstas da moito ánimo aos que estamos empezando, saber que contamos con persoas que pensan así é moi reconfortante aínda que todavia non esteamos no PLAMBE. Sempre atopamos temas de interés no voso blog. Un saúdo dende Pontedeume. Seguide cultivando a vosa rosa.

Anónimo dijo...

Efectivamente: o PLAMBE é moito máis que cartos...e a biblio de Arzúa é xa unha referencia no panorama das bibliotecas escolares de Galicia.
Detrás dun proxecto desa embergadura hai sempre un equipo. Si. Pero, sobre todo, hai unha persoa apaixoada e con fe no poder transformador da escola e da lectura. Esa é Marina, no voso caso.