12/6/07


Fai tempo que tiñamos programada a actuación de teatro, que o fin representouse onte no Salón de Actos do Instituto.
Queriamos que fose dentro do programa de actividades que deseñamos para os meses de abril e maio con motivo do día do libro e das letras galegas, pero foi onte, e estivo xenial, empezamos un pouco regular xa que houbo que chamar a atención a algún que outro alumno, pero unha vez solventado ese pequeno problema, creo que todos o pasamos realmente ben.
Temos que agradecerlles, dende aquí á AULA DE TEATRO DA TERCEIRA IDADE DE ARZÚA, dirixida por Brais, a súa presenza no Centro para compartir con nos o seu bo facer, porque foi marabilloso velas (pois todas eran mulleres), como se movían polo excenario e como actuaban. ¡FANTÁSTICO DE VERDADE!
A obra respresentada foi unha adaptación de Minia de Lugrís Freire que eles titularon " A NOSA MINIA"

No hay comentarios: