21/6/07

Novas cousas no blog

Pois si que costa esto de tratar de que esta bitácora sirva de medio non so de comunicación senón tamén de información para vos e para todos os que ata nos se acheguen... Eu pensaba que esto da informática era máis fácil, pero non o é tanto, aínda así ponse vontade e esforzo que é o importante na vida. É boa verdade o que dicía Anatole France:

"Para facer grandes cousas non só debemos actuar, senón tamén soñar; non só debemos planificar, senón tamén crer"

E neso andamos con dificultades pero soñando e crendo, eso si, a ilusión non se perde nunca.

¿ E todo esto a que viña...? ¡Ah si...! Que no noso blog acaba de aparecer unha nova seción que son as nosas publicacións ou traballos que denominamos "AS NOSAS PRODUCIÓNS" e que tendes a vosa disposición nos enlaces da parte esquerda do blog.

Aí atoparedes as nosas recomendacións de lectura para o verán. (Boletín verán 2007)
E outra recomendación para pasar unhas boas vacacións:

"O tempo que disfrutaras perdéndoo non é un tempo malgastado" (T.S. Eliot)

E recorda que unha marabillosa forma de perder o tempo é cun libro... FELIZ VERÁN PARA OS QUE DESCONECTADES. Nos procuraremos seguir por aquí, aínda que tamén perderemos un pouco o tempo...

2 comentarios:

Biblioafonso dijo...

Parabéns polo traballo.
Moitas grazas por compartir o froito do voso esforzo.

O Segrel do Penedo dijo...

Recordo cando comezáchedes esta andaina da blogosfera alá polo 14 de maio... Vaia traballo ben feito!! E para rematar o curso unha sección onde compartir os vosos traballos, algo no que sodes especialistas... PARABÉNS!!
Unha aperta dende Fene.