A idea é organizar un concurso a nivel de centro onde participen todos os profesores e profesoras e tamén os seus alumnos e alumnas Trátase de adiviñar 5 nomes de mulleres (de cada unha das materias: historia, mitoloxía, ciencias, matemáticas, arte, economistas, literatas, músicas...) a partir de certos datos biográficos que terán que utilizar para dar con eses nomes.
Obxectivos:- Celebrar o día da muller
- Dar a coñecer a algunhas mulleres relacionadas coas profesións que están estudando.
- Buscar información a traves da rede e tamén a través da biblioteca.
- Relacionar a busca da información coas materias oportunas do currículo.
Entre todos os participantes (cursos) sortearase unha sorpresa.
2 comentarios:
Parabéns por esta magnífica actividade e por esa masiva participación.
Bicos
Así me gusta, dando e compartindo ideas. Seguro que nesa biblioteca traballan mulleres.
Publicar un comentario