3/3/09

Anne Perry

Aproveitando que este mes ímolo dedicar dende a biblioteca ás mulleres, vou ir propoñendo algunhas das miñas últimas lecturas escritas por ou sobre mulleres.

Anne Perry é unha escritora de novelas de misterio que ambienta fundamentalmente en Inglaterra e moi frecuentemente en Londres, na época victoriana do século XIX. Como dato curioso, ela mesma estivo implicada nun asasinato cando era moi nova xunto cunha amiga (a actriz Kate Winsley protagonizou unha película sobre este suceso: Criaturas celestiais)

Ten dúas series estupendas destas novelas: unha protagonizada polo inspector Pitt e a súa dona Charlotte e outra polo inspector Monk (que sufriu unha perda de memoria no pasado da que non está totalmente recuperado) e a súa dona Hester.

No instituto acabamos de mercar un libro desta segunda serie: Asesino na oscuridade, na que Monk trata de resolver un misterio arredor da morte de 2 amantes.

Tamén compramos outro libro, éste non pertence ás series de misterio anteriormente mencionadas, senon que é un thriller histórico que acontece nos anos previos á 1ª Guerra Mondial: Anxos nas tebras.

2 comentarios:

Antonio Martínez dijo...

Tomamos nota das recomendacións. Grazas

Mon dijo...

Grazas pola recomendación, é unha dos meus escritores de misterio preferidos, xunto con Agatha Christie. Gustame moito o escenario victoriano onde transcorren as súas novelas. Trasladate moi ben a aqueles anos da sociedad victoriana rigurosa e ambigua.