1/4/08

UN PEQUENO INCONVINTE

Os seres humanos facémonos máis complicados a medida que crecemos e nos convertemos en adultos e en vellos.

E a vida tamén se volve máis complexa e rápida. Así, se non andamos con coidado acabamos sendo unha persoa máis preocupada dun aparello ou da marca dos nosos zapatos que das outras persoas que nos rodean, aínda que dende fora poida parecer laguen “totalmente normal” (Por certo, ¿qué é normal?) pero en realidade é unha especie de morte en vida que nos deixa o corazón seco e duro como unha pasa…

Mesmo se somos así, chega un momento que nos cansamos de sentirnos solos, de sentir medo… Vemos o mundo diferente e xa non estamos tan seguros das nosas opinións de “sempre”.

É neste punto onde ten lugar este libro; situacións dramáticas que ao tempo son cómicas. Un relato entretido e cercano á vez que absurdo en moitas ocasións, que se deixa ler fácilmente. (Quizáis un pouco frouxo ao final).

No hay comentarios: