29/4/08

UN TRANVÍA CARA A SP

De Unai Elorriaga.

Premio Nacional de Literatura 2002.

O mundo é máis pequeno do que se pensa…

E cando miras cara atrás non é difícil atopar recordos. Algúns bonitos e outros non. Uns son pequenos recordos e outros máis grandes. As veces os recordos non se poden explicar…

Unai Elorriaga regálanos aquí un conto coas lembranzas dun ancián que sofre un proceso dexenerativo e a súa relación co mozo que lle cuida. A cousa máis fermosa do mundo foi a súa muller subindo ao tranvía para facer a viaxe xuntos ao Shisha Pangma, no Himalaia. E a partires de aquí cada lector reinterpretará esta historia sen final.

No hay comentarios: