8/4/08

O OUTRO BARRIO

De Elvira Lindo

Ás veces toda a nosa vida parece tan anodina, tan común… e un cúmulo de circunstancias absurdas provocadas por unha mísera e insignificante chispa cambia dun plumazo o que parecía que sería o noso futuro.

E non obstante despois de que todo pase, un mira cara atrás ao pasado, e parece que un caeu onde estaba previsto, atopou a quen debía e dubidou cando era normal. Non hai nada escrito e non podemos consultar por adiantado a vida, nin pedir a ninguén garantías ou explicacións.

Un non pode menos que reprantexarse os xuízos que nos facemos de sucesos tráxicos que acontecen ao noso arredor.

Como contar un recordo a alguén que non ten ningunha referencia en común connosco? É certa toda a nosa realidade ou é un invento de alguén que benintencionadamente emborrona a verdade?

A vida sucede sen máis. E cada día resulta escrito por nós mesmos. E os sentimentos, medos e risas son só nosos. Por iso somos e imos sendo no noso propio barrio

1 comentario:

Anónimo dijo...

Hello. This post is likeable, and your blog is very interesting, congratulations :-). I will add in my blogroll =). If possible gives a last there on my blog, it is about the Pen Drive, I hope you enjoy. The address is http://pen-drive-brasil.blogspot.com. A hug.