2/4/08

NOVECENTO. LA LEYENDA DEL PIANISTA EN EL OCÉANO.

De Alessandro Baricco.

Un bebé que apareceu abandonado un día sobre o piano dun barco. E co paso do tempo converteuse nun pianista excepcional, o máis grande pianista do mundo. Aínda que o máis extraordinario é que nunca baixaba á terra, nunca dende que naceu.
El tocaba no barco en primeira clase, pero tamén en terceira donde primeiro escoitaba e despois tocaba música libre para que todo o mundo bailase “porque se bailas non podes morrer, e sénteste Deus”.
Non había forma de convencelo para que baixara á terra e gozara da vida, que quizais non fóra inmensa como o mar, pero que é fermosa para vivila en terra, basta con ter un pouco de fortuna e de ganas de vivir.
Pero Novecento, o pianista máis grande do mundo, decidira sentarse ante as teclas brancas e negras da súa vida e tocar unha música xenial e ao tempo absurda, segundo como se mirase, fermosa e complicada, segundo como se sentira, pero se lugar a dúbidas a máis grande de todas. E bailar todos os anos que lle restaran de vida... ¿Así conseguirá ser feliz?

E por certo, espero que todos os que tedes a sorte de asisitir aos encontros do PLAMBE as atopedes moi interesantes. (E coidadín Marina e compañía cos esas comilonas que vos pegades que logo pasa o que pasa....)

1 comentario:

Marina dijo...

Menos mal que estás ti ó pe do canón publicando no blogue, porque algúns con tanta comilona e descansar (isto é unha ironía) non podemos movernos. Grazas por acordarte de nós, é unha pena que ti non puideses estar alí, acordemei moito de vos, desa xente que tamén está a traballar de forma incondicional pola biblio, pero que non puido estar alí.
Grazas a todo e todas por estar aí en especial a ti Oki de Arzúa
MARINA