Un artigo de reflexión de Andrea Varela, 2º ESO B
MULLERES ÁS QUE A HISTORIA NON DÁ IMPORTANCIA
Todos coñecemos o inventor do teléfono, da luz eléctrica, etc., en definitiva, estes son inventos que fan da nosa vida algo máis sinxelo, artefactos que hoxe en día resultan cotidiáns. Pero tamén outros están totalmente asociados ao común e ninguén fai caer neles a súa curiosidade por saber quen os inventou. Por exemplo os seguintes, creados grazas ao inxenio dalgunhas mulleres.
Primeiro, falaremos dun invento de Marion Donovan, que é o cueiro de usar e tirar, iso que todos os bebés levan, foron idea desta muller estadounidense, á cal non se recoñeceu coa escusa de que a súa creación non sería útil nin naqueles tempos (1971) nin nun futuro. Está claro que non recoñecela foi un grave erro, xa que hoxe en día son moi utilizados e habituales, pero cabe destacar que Marion Donovan sigue sen o seu recoñecemento.
A continuación falaremos dun elemento dos coches, que todo o mundo asocia cos homes.
Refírome ao limpaparabrisas, obxecto que moita xente lle atribúe a Robert Kearns, pois ben, están equivocados. A creadora do primeiro limpaparabrisas foi unha muller de Estados Unidos, Mary Anderson, que tivo a idea un día chuvioso cando viaxaba no tranvía de Nova York, Actualmente, resultaría moi difícil conducir nos días de choiva sen a axuda deste artefacto.
En resumen, existen moitos inventos que melloraron as nosas vidas,pero esta muller non só mellorou vidas, se non que salvou moitas outras. Estou falando de Gertrude Belle Elion, nacida en Nova York, creou un dos fármacos máis importantes do mundo. Refírome ao primeiro fármaco contra a leucemia. A pesar de que moitos din que este importante descubrimento foi de George Hitching, foi a estadounidense a que o descubriu nun dos seus experimentos, que máis tarde investigou profundamente con Hitching.
En definitiva, hai descubrimentos tan importantes como os de Thomas Alva Edison e Graham Bell, a pesar de non ser recoñecidos e estar totalmente infravalorados e olvidados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario