25/2/19

Non é só un día: En Biblioarzúa, dedicamos algún tempo máis ao papel das mulleres na Ciencia (III) Ada Lovelace

Un conto matematicamente feminista de M. Alejandra Barco Tojo, 1º BAC.
  

ADA LOVELACE:
 


- Avoiña, contasme unha historia?
 

- E non hei contar! Pois mira... ti sabes onde é Londres?


- Si, alí non é onde hai un reloxo moi grande ao lado dunha noria?


- Moi ben pequena, ahí mesmiño.
Pois corría o ano 1815, era decembro e faltaban 15 días para nadal. A familia Byron recibía o seu agasallo de nadal por adiantado. George e Anne estaban moi felices, contentísimos. Acababa de nacer a súa primeira filla, á que chamarían Augusta Ada. Era unha nena fermosísima.
A felicidade da familia pouco durou, pois a nai descubriu as deslealdades do seu marido e marchou coa nena á casa de seus pais.
Debido á súa posición social, Augusta Ada recibiu moi boa educación. Era unha nena moi intelixente, destacaba nas matemáticas.
Un día, cando ela soamente tiña 14 anos caeu enferma de sarampelo, o que fixo que a meniña quedase paralítica.
En vez de tomarse esta situación como un impedimento, aproveitouna para estudar. Estudar moito.
Ata 3 anos máis tarde non conseguiu recuperar por completo a súa mobilidade: así que fíxate todo o tempo que adicou plenamente ao estudo!
A pesares de non gozar de moi boa saúde, isto non foi un impedimento para conseguir o seu obxectivo de adicarse ao que máis lle gustaba.
Resultado de imagen de ada lovelaceAs matemáticas volvéronse a súa vida.
Viuse obrigada a deixalas a un lado no momento que casou e tivo tres fillos, pouco lle durou esta etapa; pois non podía vivir sen as matemáticas.
Comezou a colaborar nun proxecto co seu gran amigo Babbage... E sabes que?
Chegou a ser a primeira programadora da historia!
Así que xa ves... con moito empeño podes chegar a conseguir o que queiras, non hai obstáculo que te poida parar. - A avoa mira para a neta e descobre que está a piques de durmir, pero antes de sumirse no mundo dos soños, di baixo:

- De maior quero ser como Augusta Ada.

No hay comentarios: