8/4/09

TRES MULLERES GALEGAS DE ARMAS TOMAR

Quero presentarvos un libro que acaba de publicar Bahía de Guillermina Domínguez Touriño e Felicia Estévez Salazar adecuado para ser empregado tanto en historia como en literatura.

As mulleres somos unha maioría tratada como unha minoría dende moitos ámbitos (no traballo, nas relacións sociais, no contexto empresarial, científico, literario…). Mentres tanto o noso alumnado de secundaria segue a estudar textos maioritariamente androcéntricos na forma e no fondo en moitos dos currículos actuais, polo tanto a visión da realidade é en certa medida sesgada.

Editoriais, institucións e persoas que nos dedicamos ao ensino temos a responsabilidade de achegar aos nosos xóvenes estas mulleres que, ás veces, parece que mesmo, nin existiron.

Neste contexto é escrito este libro que nos achega a estas tres mulleres, galegas, María Balteira, María Castaña e María Soliña (quizáis despois veñan máis...) na procura de ser un instrumento de referentes históricos para preparar ao noso alumnado cara a un futuro máis axeitado e xusto, contribuíndo a desfacer a omisión das mulleres na historia, non silenciando a perspectiva femenina na mesma. É unha historia de mulleres dende unha perspectiva de mulleres.

1 comentario:

Encarna dijo...

Tedes un agasallo para vós no noso blog. esperamos que vos guste. Un bico de Raioteca.