As mulleres somos unha maioría tratada como unha minoría dende moitos ámbitos (no traballo, nas relacións sociais, no contexto empresarial, científico, literario…). Mentres tanto o noso alumnado de secundaria segue a estudar textos maioritariamente androcéntricos na forma e no fondo en moitos dos currículos actuais, polo tanto a visión da realidade é en certa medida sesgada.
Editoriais, institucións e persoas que nos dedicamos ao ensino temos a responsabilidade de achegar aos nosos xóvenes estas mulleres que, ás veces, parece que mesmo, nin existiron.
Neste contexto é escrito este libro que nos achega a estas tres mulleres, galegas, María Balteira, María Castaña e María Soliña (quizáis despois veñan máis...) na procura de ser un instrumento de referentes históricos para preparar ao noso alumnado cara a un futuro máis axeitado e xusto, contribuíndo a desfacer a omisión das mulleres na historia, non silenciando a perspectiva femenina na mesma. É unha historia de mulleres dende unha perspectiva de mulleres.
1 comentario:
Tedes un agasallo para vós no noso blog. esperamos que vos guste. Un bico de Raioteca.
Publicar un comentario