10/11/18


Para lembrar… Samaín ou Halloween? 

“Porque a verdadeira tradición non emana do pasado, nin está no presente, nin se albisca no porvir; non é serva do tempo. A tradición non é historia. A tradición é a eternidade”. Dicía Castelao. E sobre este tema escribiu libros como Un ollo de vidro, Memorias dun esquelete... 

Vivía coa inquedanza de que nun futuro non moi lexano olvidásemos de donde viñamos, de que nos esqueceramos de contar un conto ó pé do lume cos amigos ou que simplemente non lle désemos importancia o que nos precedeu. 



Escribo para que descanse un chisco máis tranquilo donde queira que estea, escribo para falar do Samaín.


Afirmo que non, non é unha americanada. Xa non é a primeira vez que lle escoito a meu tío que iso do hallowen ven de outros sitios, que eso aquí nunca o houbo. O que él non sabe é que é máis vello do que él pode recordar. O Samaín non é un invento dos Estados Unidos que nós adoptamos como noso cambiándolle o nome. Non vai de pantasmas brancas sen ollos, máis ben de bruxas, sapos e curuxas… Ven dos antigos celtas que vivían no noroeste da península. Esperaban todo o ano para que chegara a noite do 31 de novembro,  poder reunirse con quen botaban en falta o resto das noites e co recordo dos seres queridos comezaban un novo ano o 1 de novembro.


Como pasa habitualmente, a relixión apoderouse do día e cristianizouno pasando a chamarse O día de todos os santos. Día no que todos nos acordamos de ir poñer flores e a misa e deixando o ano novo para unha fecha máis próxima o nacemento do neno Xesús.
Asique si, o invento é dos nosos antepasados e así deberíamos celebralo. Honrando os que foron antes ca nós.




No hay comentarios: