2/8/07

Agosto Musical (I)

Si mirades o calendario de efemérides musicais observaredes que este mes sálese..., nel naceron e morreron algúns dos grandes músicos pops, e tamén conmemórase o 30 aniversario da morte de Elvis "O Rei", e dende aquí imos recordar a música destes mestres.
Hoxe recordamos a Cecilia, que morreu en 1976 un día coma hoxe nun acidente de tráfico. Por favor lede as letras das cancións que vos van enlazadas e xa me contaredes...

Era filla de diplomáticos españois e tivo unha infancia itinerante (Inglaterra, EE.UU., Portugal, Xordania) e unha educación cosmopolita: aprendeu a falar en inglés antes que en español. Cando voltou a España, tras licenciarse en Dereito, decidiu dedicarse a música e a compoñer as súas propias letras, que posúen unha calidade poética e literaria notable, moi por riba do habitual no seu tempo, e que se adscriben a correntes existencialistas e á canción protesta feminista.
En 1972, a multinacional "CBS", hoxe"Sony", contratouna. Unha canción social deste disco "Dama Dama"· foi un existazo
En 1973 apareceu o segundo LP con moitas cancións-recordo ("Cuando yo era pequeña", "Mi ciudad"), prospeccións ó futuro ("Me quedaré soltera", tema forte para a época, e "Si no fuera porque..."), pasado colectivo ("Un millón de sueños", que alude á guerra civil) e un amor existencial e triste característico de Cecilia ("Canción de amor", "Me iré de aquí").
O seu terceiro álbum foi o de maior éxito na súa corta e fulminante carreira. Contén cancións marabillosas como "Un ramito de violetas", "Mi querida España", "
En 1975, Televisión Española decidiu que representara a España no Festival da OTI, e a artista aceptou a regañadentes, posto que non lle gustaban os festivais, a canción que levou foi "Amor de medianoche", composto por ela e Juan Carlos Calderón; o tema, nada festivaleiro, conseguiu o segundo posto.
Un recopilatorio con este título foi o seu último traballo antes de perder a vida.
Como intérprete, unhas veces usou unha voz fráxil de nena pequena e outras unha voz firme e indomesticable. Nos seus versos reflexa unha España gris, que empeza a deixar de ser a España negra e rural do Franquismo.

1 comentario:

Oki dijo...

Pois non imaxiaba eu que iste blog estaba tan interesante en verán.
E ¡Cecilia!, vaia, ¡que sorpresa! Eu descubrín tarde a Cecilia, por suposto despois de que morrera en 1976, pero que cancións tan lindas e tan cheas de contidos deixounos... E algunhas outras que perdimos porque nunca cantou máis para ninguén...
Recordo eses veráns en Francia cantando "Mi querida España" para os franchutes, irlandeses e polacos sobre todo. Supoño que non entendían nadiña, pero estaban encantados coa música (porque os españois tampouco entónábamos moi ben...)