9/8/07

Pequena homenaxe a Hermann Hesse

Hermann Hesse é o escritorritor de lingua alemana máis lido do século XX, naceu un 2 de xullo de 1877 en Calw. E morreu un 9 de agosto de 1962 en Suíza. O seu pai era un misioneiro alemán e a súa nai, de orixe francesa, naceu na India, tamén de pai misioneiro (esto influiu moito na súa vida, ata tal punto que tamén quixo ser misioneiro, aínda que abandonou esta idea). Cando tiña vinteseis anos publicou o seu primeiro volume de Poesías, esta obra tivo gran repercusión entre os críticos, a segunda obra que publicou foi a novela "Peter Camenzind" (1904), que obtivo un gran éxito editorial.
Continuou escribindo e consolidouse como un dos escritores máis recoñecidos de Alemania. Publicou: "Baixo a roda" (1905), "Diesseits", "Veciño" (1908), "Gertrud Rotzhelde" (1914).
Neste punto a súa vida resultaba apacible: tiña esposa, fillos, recoñecemento público, viaxaba por Europa central e a India..., pero as cousas cambiaron en 1914 co inicio da primeira guerra mundial.
Hesse non se plegou á corrente exacerbada de fervor patríotico que recorría Europa, e mantivose fiel ás súas convincións: "Cando odiamos a alguén, odiamos na súa imaxe, algo que está dentro de nós mesmos". "O amor é máis forte que a violencia".

Por eso declarouse, dende o principio, contrario á guerra e expresou o seu desacordo cun artigo periodístico que lle valeu ser declarado traidor á súa patria. Tratando de alonxarse deste clima hostil, partiu cara a Suíza, onde adoptou esta nacionalidade en 1923.

Sempre mantivo distancia dos temas políticos: "Sigo sen compartir a opinión de que a vida e a humanidade deben ser politizadas, e rechazarei ata a morte calquera intento de politizarme. Ten que haber, tamén, xente desarmada, á que se lle poida asasinar. A este sector da humanidade pertenzo e, polo tanto, nunca convendrei […] en que a poesía poida ser menos importante e necesaria que o partidismo ou a guerra.”
Unha vez concluídos os horrores da guerra publicou a novela "Demian" (1919), na que se percibe a influincia da psicoanálises. Esta obra fíxolle recuperar rapidamente a popularidade en Alemania. A ela seguíronlle " Viaxe ó interior" (1922) que incluía o conto "O último verán de Klingor", "Siddharta" (1922), na que se reflexan as súas experiencias na India e o seu forte contacto co budismo. Seguíronlle "O Lobo estepario" (1927), "Narciso e Goldmundo" e " O xogo de abalorios" (1943).
Hess era pouco dado a exposición pública, prefería a soidade e a vida apartada, concendendo moi poucas entrevistas. En 1946 concedéronlle o premio Nobel de literatura, que aceptou, pero non asistiu á ceremonia de entrega.
Definiuse a si mesmo: “A miña fe política é a dun demócrata; a miña concepción do mundo, a dun individualista. O que ocupou, atraxo e conformou o meu espíritu non foron os problemas sociais, senón os do individuo, e a tendencia da nova Historia a suboridnar a personalidade ó capricho das masa arbitraria, é algo que odio á morte. Os meus libros, entre os que hai moitos de natureza puramente lírica, non foron escritos cun propósito deteminado. As dificultades que o individuo debe confrontar hoxe en día no mundo e a maneira de poder construír unha persoalidade armónica, son experimentados por moitos, principalmente polos xoves, dentro dos estados e igrexias autoritarios, e parte desta xuventude é a que parece atopar en min ó poeta co que sinten maior afinidade"

No hay comentarios: