31/7/07

Os tempos editoriais e literarios están en pleno cambio


Os tempos editoriais e literarios están cambiando e esto estase a demostrar coa publicación da última entrega da saga de J.K.Rowling, Harry Pottter and the deathly hallows, que xa podedes atopar en español, si digo ben en castellano do de Cervantes, eso si, non de forma oficial, xa que deste xeito publicarase a finais do 2007, pero xa corre pola rede a velocidade vertixinosa.
Todos os usuarios de internet amantes de Harry, sabían que esto ía a ocurrir e non fixo falla esperar moito tempo só unha semana, a ultima entrega bautizada como "Las Reliquias de la muerte" pode ser visitada en http://spanishhallows.blogspot.com/ e en http://proyectodh.blogspot.com/, incluso xa hai unha versión en pdf. (O que non se sabe é o tempo que durará en liña, antes de que as editoriais donas dos libros tomen cartas no asunto)
Os autores (anónimos por agora) traballaron á maneira Web 2.0: colaborativamente. Estes comentaban que é unha tradución "non oficial" e "sin ánimo de lucro", pero que non podían entender como a obra non se editaba en español, ata dentro duns meses.
Estoi fainos reflexionar sobre as formas de traballar das editoriais, como dicía Enrique Dans no seu blog «Es el signo de los tiempos: si tardas más de un par de días en darle al mercado lo que quiere, éste lo consigue por sí mismo»
Hai máis opinións nesta liña, así Javier Pedreira no blog Microsiervos comenta«No cabe en ninguna cabeza que la edición en español de uno de los libros más esperados de los últimos años pueda tardar meses en salir al mercado cuando un grupo de aficionados es capaz de tenerla en internet a la semana de la publicación del libro en inglés»
Tal vez de todo isto, o máis interesante sexa resaltar que o fenómeno Harry Potter, está demostrando, por unha banda o poder das redes sociais e por outra, que o mundo editorial tradicional ten que cambiar ou, máis ben, que xa cambiou, aínda que algúns non se deran conta.
Por certo hoxe, 31 de Xullo, J.K. Rowling, a autora de Harry Potter cumpre 42 anos. Así que vaia dende aquí as nosas felicitacións e que continúe escribindo, porque está claro que é seguida por millóns e millóns de lectores en todo o mundo. Van de mostra uns datos:
  • No ano 2004 a revista Forbes indicou que a fortuna de Rowling ascendía a 576 millóns de libras esterlinas (845 millóns de , 1144 millóns de dólares), convertindouse na única persoa desta lista de mil millonarios , en US$, escribindo libros.
  • O lanzamento mundial de Harry Potter e a Orden do Fénix, a quinta entrega deste fenómeno editorial costou nada menos que 10 millóns de dólares. Chegou ás librerias e converteuse no libro máis vendido da historia no día da súa aparición. Editáronse 13 millóns de copias en inglés e vai camiño de superar á Biblia na cantidade de exemplares impresos.
  • A primeira película, Harry Pôtter y la camara secreta, recaudou 88 millóns de dólares só no fin de semana do seu estreo en EE.UU.
  • A última entrega da saga foi a máis rápida en ventas da historia, nas primerias 24 horas Harry Potter and the Deathly Hallows vendeu só en EEUU e Gran Bretaña 11 millóns de copias, a un ritmo de 5000 exemplares por minuto.
  • Nos seus 10 anos de vida, Harry Potter vendeu 325 millóns de exemplares, e foi traducido a 64 idiomas.

¡Uff... que tal cos números!

No hay comentarios: