24/7/07

Un día como hoxe fai 42 anos os Beach boys lanzan California girls

The Beach Boys é un quinteto vocal e instrumental orixinal de Os Ánxeles, California, que popularizou un estilo de pop coñecido por "Surfing" ou "Hot-Rod". Formado en 1961 e o representante do estilo californiano de vida dos anos 60. Formado por tres irmáns Brian (compositor, vocais, baixo, piano), Carl (guitarra, vocais] e Dennis Wilson (batería, vocais), xunto cun primo , Mike Love (vocal) e un veciño, Al Jardine (guitarra, vocaes).
As súas cancións responde a un movemento xuvenil de California dos 60, unha despreocupada forma de vivir que tiña nas praias, os coches, as rapazas e o surf as súas principais sinais de identidade.
Os primeiros éxitos Surfin' USA (1963), Fun, fun, fun (1964) e California girls (1965) falaban sobre unha especie de utopía suburbán adolescente nas praias e arrasaron en todo o país, axudados por arranxos intelixentes e bonitas melodías.
Paul McCartney dixo que foi "Pet Sounds" o álbum que lles inspirou a el e a John Lennon a escribir Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band, que é considerado pola crítica mundial como o mellor album do século, seguido moi perto polo de "Pet Sounds".
Foi este LP dos Beatles, o que sumado ó abuso das drogas, xunto coa obsesión de Brian de facer un álbum maxistral o que o levou a unha crise nerviosa en 1966, saíndo do grupo como membro das tournes e aparecendo en escena Bruce Johnston, quen será sempre chamado o sexto beach boy.
Durante os anos 70, Os Beach Boys mantiveron o seu status de grupo musical de primeira categoría con Brian máis no estudio, compoñendo e producindo, pero menos presente nas xiras. Durante os 70 xurdiu o albun "Sunflower" onde cada membro revelou o seu propio talento, que nos 60 estivera un pouco na sombra. Nesta década Carl se convirteuse nun sólido e distintivo productor e Mike, tomou o lugar de Brian como lider da banda, manténdose como o o foco visual ó ser o representante do grupo nos shows en vivo. Dennis desenrolou o seu propio talento como escritor musical e nos shows seguía sendo o máis carismático do grupo.

No hay comentarios: