16/7/07

A proba previa a destrución de Hiroshima e Nagasaki

A primeira proba da primeira arma atómica do mundo tivo lugar un día coma hoxe (16 de xullo) de 1945 en Alamogordo no estado de Novo México (EEUU).
Estados Unidos soubo en 1939 que a Alemania de Hitler descubrira a fisión nuclear. Oppenheimer (o pai da bomba atómica) e outros expertos supuxeron que os alemáns tratarían de producir unha reación en cadea que faría posible unha bomba moito máis destructiva que calquer outro explosivo convencional. O presidente Roosevelt, no maior dos segredos autorizou o finanzamento dun proxecto destinado a construír armas novas no que participaron moitos científicos forzados a fuxir dos seus fogares en Alemania, Italia e Hungría. A principios do 1942 pediuselle a Oppenheimer, que coordinara os esforzos dispersos.

O programa do exército de EUA, recibiu a máxima prioridade e o seu nome foi Proxecto Manhattan e o dirixiu o coronel Leslie Groves, de 46 años. Oppenheimer suxeriu que os investigadores fosen reunidos nun só laboratorio na aldea de Los Álamos en Novo México. O 30 de decembro de 1944, Groves predixo a que os dos mil millóns de dólares invertidos no proxecto darían como resultado unha bomba rematada para o 10 de agosto do ano seguinte.

Harry S. Truman, sucesor á presidencia cando morreu Roosevelt, nomeu un comité que para examinar as posibles consecuencias dunha detonación nuclear. Os expertos decidiron recomendar que a primeira bomba fose arroxada como un experimento, sin advertencia sobre un branco militar xaponés (estabase a fraguar as destrucións de Hiroshima e Nagasaki).
Foto: Pobo de Los Alamos (Novo México)

Pero antes había que facer unha proba que se produxo un 16 de xullo de 1945: O artefacto de proba chamado "Fat Man" ("Gordo") pola súa forma bulbosa, instalouse no deserto sobre unha torre de aceiro. Ás 5:30 un control remoto detonou a bomba. Cun ruxido infernal, unha bola de lume verde violáceo e laranxa elevouse sobre unha área de 1.5 km de ancho. A reación en cadea, fixo temblar a terra e a torre de aceiro esfumouse, unha columna de fume elevouse cara os ceos formando un fungo a 11 Km do solo.
A primeira explosión nuclear feita polo home pasmou e alegrou ós observadores militares e científicos que a presenciaron. Algúns felicitaron a gritos ós científicos, pero Oppenheimer recordou o Bhagavad Gita, poema épico da India: "Volvínme morte, o destructor de mundos."
Este centro de investigacións de Los Alamos era un secreto máximo. Nin sequera os habitantes de Novo México sabían dos seus traballos ata que caeron as bombas sobre Xapón en Agosto do 1945.

Foto: Graves e Oppenheimer despois da primera proba nuclear en Alamogordo, xunto a torre destrozada onde se colocara a bomba

No hay comentarios: