14/3/12

Bicentenario de Dickens

Fai douscentos anos, no porto inglés de Portsmouth, naceu Charles Dickens, un dos máis famosos -e popularmente coñecidos- novelistas. A súa experiencia persoal levouno a solidarizarse cos desfavorecidos nas súas obras, e a criticar á clase dominante. En 1837 publicou a súa primeira novela: Os papeis póstumos do club Pickwick. Converteuse en famoso, e moito máis coas aventuras do orfo Oliver Twist, unha dura condena ao maltrato á infancia na Inglaterra vistoriana, tema presente tamén noutras obras como David Copperfield. En Historia de dúas cidades trata temas políticos: a revolución francesa; aínda que non era un revolucionario, senón un "reformista compasivo" que pensaba que, se a xente facía o ben, a sociedade funcionaría mellor. Esta é a mensaxe de Conto de Nadal. Pese á súa crítica feroz das desigualdades sociais e da hipocrisía das institucións británicas da época, Dickens nunca perdeu popularidade e segue a reeditarse. As mensaxes das súas obras -clásicos imprescindibles- continúan sendo temas desgraciadamente actuais. "Dickens sigue diciendo la verdad" é o título dun artigo publicado recentemente no diario El País. Pódese consultar en http://elpais.com/diario/2012/02/07/opinion/1328569211_850215.html.

No hay comentarios: