26/5/11

VALORES NATURAIS NO CAMIÑO DE SANTIAGO-ARZÚA E A NOSA MAMEN

Título: Valores Naturais do Camiño de Santiago no Concello de Arzúa
Autores: Mª del Carmen López Marcos e Carlos Iglesias Ramos
Publicado por: Concello de Arzúa

No IES
de Arzúa e en Biblioarzúa en particular estamos moi contentos por contar con este profesorado tan "chachi"

O IES de Arzúa, coa colaboración económica do Concello acaba de publicar unha pequena guía titulada "Valores naturais do camiño de Santiago no Concello de Arzúa".

Esta publicación enmárcase nun proxecto iniciado no curso 2009-2010 por dous profesores do departamento de Agraria e un grupo de alumnos do Ciclo Medio Traballos Forestais e de conservación do medio natural, e do Ciclo Superior Organización e xestión de recursos naturais e paisaxísticos.

O proxecto desenvolveuse arredor do Camiño francés. Percorreuse o camiño fotografando aquelas especies e lugares máis característicos para despois identificalas e documentalas. Tamén se elaborou unha enquisa para coñecer o grao de valoración da conservación do camiño por parte do peregrino. Esta enquisa estivo dispoñible en distintos lugares de paso dos camiñantes, en galego, castelán, francés e inglés, realizando despois o tratamento estatístico das enquisas. Ao mesmo tempo, traballouse na elaboración dunha maqueta, así como dun poster que se presentaron no Congreso de Educación Ambiental de centros de ensino da Coruña, organizado polo Ceida.

No proxecto traballouse de xeito interdisciplinar a través de diferentes departamentos didácticos, como Agraria, Administrativo, Francés, Inglés, Latín, Normalización Lingüística e Xeografía e Historia, desenvolvendose así este traballo como un proxecto de toda unha comunidade educativa donde cada unha cumpliu un papel.

Un dos resultados deste traballo é esta publicación financiada polo Concello e que se presentou aos medios o día 24 de marzo.



No hay comentarios: