23/11/08

A SÍNDROME DE DOWN: INDEPENDENCIA

De xoves a domingo tivo lugar en Santiago o II Congreso Galego Síndrome de Down. Falouse da nova lei da dependencia que consolida un dereito subxectivo e das expectativas que hai en torno a ela.
Pensemos que as persoas con síndrome de Down deben loitar moito máis que os demais por acadar un traballo, pola súa independencia, polo sexo, polo dereito a unha educación non discriminatoria (escoitamos o que lle pasou a unha nai galega coa súa filla nun colexio e da vergonza), por unha boa vellez …
Que pensades vos de... ?
Son persoas discapacitadas? Non é toda a verdade, porque todos somos capaces en maior ou menor medida. E a loita é por poder engadir: capaces coma todos.
Son persoas enfermas? NON. A síndrome de Down non é unha enfermidade, “iso sería como dicir que a miña nai sofre por ser muller” (esta é unha frase dun rapaz coa síndrome de Down, e eu atrévome a engadir que é bastante exacto, mesmo se facemos nunha dobre lectura).
Son persoas dependentes? Pois si, pero non o somos todos tamén dalgunha maneira?: económicamente, na saúde, e que non depende de alguén que lle ame e a quen amar para poder ser feliz?
Eu me/vos interpelo: Que sabemos da síndrome de Down? Pensamos neses rapaces/as como un alumno/a máis, coas súas diferenzas, COMO TODOS, coas súas dificultades de aprendizaxe e de axuda, COMO TODOS, en definitiva coas súas capacidades: COMO TODOS?.
Debemos estar aí para prestarlles o apoio adecuado ás súas necesidades, porque eles queren ser un máis, tamén coas súas diferenzas: exactamente igual que o queremos TODOS.
Que sabemos nós da síndrome de Down?

1 comentario:

Anónimo dijo...

De feito nos temos dous casos no intituto de síndrome de Down e eu recoñezo que sei moi pouco deles, e estou de acordo en que precisariamos saber máis e mellor sobre este ou calquera outro "problema" para tratar de evitar por todos os nosos medios que exista unha discriminación.
Grazas pola túa oportuna reflexión.