20/11/08

Qué está a pasar na entrada do IES?







12 comentarios:

Miguel Conde 2º Bach. dijo...

Esta instalación está formada por un círculo feito con cadeiras nas que hai vestimentas e obxectos de homes e mulleres.Nas cadeiras hai tamén carteis con razóns polas que homes e mulleres son maltratados.
No centro do círculo hai colgado dúas siluetas de color negro: unha masculina e outra femenina. No centro do círculo hai un cartel pegado no chan no que se lee: TI NON VALES NADA.
É unha que representa a violencia de xénero porque cada silla representa unha persoa coa súa vestimenta. Os carteis representan as frases que diría unha persoa maltratada. O círculo representa o mundo do maltrato, da vionencia de xénero. As siluetas negras colgadas representan o tráxico problema, a parte oscura dunha relación.

Tamara Mecías 2ºBach dijo...

Trátase dunha instalación composta por varias cadeiras colocadas de forma circular e posicionadas cara fora.Cada cadeira ten un papel no que hai escrito unha frase como por exemplo "Non che piden facer a cea" "puxen unha saia" .En cada cadeira tamen hai distintas pezas de roupa que se intercalan de home a muller.No centro do círculo podemos ver colgado a dúas siluetas de cor negra;unha figura é un home o cal está levantando o dedo da man e a outra unha muller que agacha a cabeza.
Coa instalación preténdese mostrar unha realidade que está moi presente na sociedade na que vivimos "o maltrato a muller e o home".Está creada en círculo dandonos a entender o mundo do maltrato. Coas frases intentamos dar a coñecer o sometemento que sofren as persoas maltratadas,un temor que moi poucas se atreven a denunciar.A un simple feito respondeselle cun insulto.un grito,un moratón..Coas siluetas sinalamos a maior autoridade que o home exerce sobre a muller,estando este mostrando un xesto de superioridade o estarlle a levantar o dedo da man como sinal de orde.

sheila-1ªBAC dijo...

A instalación que hai na entrada do instituto,que foi feita polos alumnos de 1ªBAC,podemos observar:unhas cantas cadeiras verdes,nestas cadeiras están postas frases cas que queremos decir,moitos dos motivos polas cales,tanto homes como mulleres, foron maltratad@s,o mesmo tempo tamén as cadeiras están vestidas con roupa de home e de muller.
As cadeiras simbolizan os sitios das persoas que están mortas a causa do maltrato.
No centro das cadeiras,colgan duas siluetas(un home e unha muller)pintados de negro para simbolizar as suas almas.
As siluetas foron feitas por catón-pluma.
Esta instalación expresa unha situación moi real que está moi presente e todolas persoas coñecemos,O MALTRATO!!

Alberto1ºBACH dijo...

A instalación artística situada na entrada do instituto componse de varias cadeiras situadas en círculo, cada unha ten unha frase dunha víctima da violencia de xénero na que se explica o motivo(absurdo)dos maltratos, e unha prenda de roupa. No medio do círculo de cadeiras están situadas dúas siluetas negras feitas de cartón pluma, dun home e unha muller (Os maltratadores ) acompañadas da frase “non vales para nada”. Esta instalación denuncia a violencia de xénero, un tema que, desgraciadamente está moi de actualidade no mundo. Con isto queremos recordar a ausencia das víctimas que por causa dos malos tratos xa non están presentes. Esta instalación foi feita polos alumnos de 1º Bac. Alberto Rial, Diana Tarrío, Natalia Santos, Eva Suárez e Sheila González.

Natalia 1º BAC dijo...

A instalación artística situada na entrada do IES de Arzúa está feita polos alumnos de 1º de BAC. Con esta instalación mostramos a nosa repulsa contra a violencia de xénero. Nos representamos esta idea a través dunhas cadeiras en círculo, nas cales hai roupa de muller ou home e unhas frases que indican os absurdos motivos polos cales foron maltratados. No centro desas cadeiras hai dúas siluetas negras (un home e unha muller) que representan as persoas maltratadoras. Cada unha das cadeiras representa unha persoa maltratada que está aunsente, e que por desgracia é un problema moi real no mundo actual.

Oki dijo...

Eu quero felicitar aos rapaces/as de Bacharelato que fixeron esta instalación artística e a Eva por darnos para reflexionar cada día que entramos no instituto.

alejandra 1ºBACH A dijo...

Atopámonos fronte unha instalación, que esta fomada por cadeiras colocadas en círculo cara fora. En cada cadeira aparecen obxectos de homes e mulleres e un folio no que hai frases ditas por eles. No medio hai unha figura dun home e dunha muller coloreados de negro.
Esta instalación representa a violencia de xénero, o home e a muler coloreados de negro que hai no medio son maltratados por iso a sua cor, e as cadeiras en círculo representan o mundo do maltrato.

MESTURAS dijo...

Eu quero felicitar a todas as persoas que fixeron este traballo tan interesante. Paréceme unha idea magnífica e que exemplifica que dende os centros de ensino podemos traballar con imaxinación. Parabéns enormes

Diana 1º Bach dijo...

É unha instalación na que se poden ver cadeiras situadas en círculo cara fóra, nas cales hai unhas prendas pertencentes a homes e mulleres maltratados e unhas frases que simbolizan o que din as persoas maltratadas, o absurdos que poden se-los motivos polos que unha persoa é capaz de facer dano a outra. No centro do círculo hai dúas siluetas negras dun home e dunha muller, os cales son os maltratadores, cunha frase que di “non vales para nada”, dando a entender que os maltratadores non disfruten a vida, ainda que para eles sexa a maneira de entendela. As siluetas en negro e o home fancendo o sinal de silencio simbolizan o silencio da vida das persoas maltratadas.

eva suarez louzao dijo...

A instalación artística situada na entrada do IES de Arzúa está feita polos alumnos de 1º de BAC. Con esta instalación mostramos a nosa repulsa contra a violencia de xénero. Nos representamos esta idea a través dunhas cadeiras en círculo, nas cales hai roupa de muller ou home e unhas frases que indican os absurdos motivos polos cales foron maltratados. No centro desas cadeiras hai dúas siluetas negras (un home e unha muller) que representan as persoas maltratadoras. Cada unha das cadeiras representa unha persoa maltratada que está aunsente, e que por desgracia é un problema moi real no mundo actual.

maria.bernardez dijo...

A instalación que se ve na entrada no IES de Arzúa fixose contra a violencia e xenero.
Esta composta por 11 sillas que forman un círculo, e cada silla ten unha frase que representa os motivos se porque a muller e o home son maltratados.Cada silla ten unha prenda de muller ou home. Dentro do círculo están colgados duas siluetas que representan a muller e ó home, e están pintados de cor negro que para min esa cor representa o mal sufrimiento as personas cando sufren o maltrato

alba 1ºbacharelat dijo...

É un círculo formado por cadeiras.En cada cadeira hai unha frase, todas elas como motivos absurdos da violencia de xénero. As roupas nas cadeiras nos falan das víctimas.
No centro do círculo hai duas siluetas representando a parte mais negra dunha relación.