24/11/08

RUIDOS por Iria Carreira Pazos 2BAch A

Silencio

Xa non.
Pequenos murmurios
Besbexar e rin.
Son nenos.
Calan
Un home.
Alza a voz.
Berra.
Eacoitanse laios.
Unha muller chora.
Non chores.
Volve a berrar.
Insulta.
"Filla de puta".
Os nenos chaman
"Mamá, mamá".
Un golpe.
Todo cesa.
Choros.
Os nenos soloucan.
Un berro.
O home berra.
Un portazo.
Outra vez silencio.
Non.
Dous nenos choran.
Chaman a sús nai.
Ninguén responde.

Silencio.

3 comentarios:

Marina dijo...

Poema sumamente gráfico e expresivo, cheo de sensibilidade nun tema tan duro.
Noraboa Iria polo teu poema, pero sobre todo pola túa actitude ante a vida.

Antonio Martínez dijo...

Fermoso. Fermoso. Fermoso. Parabéns, Iria.

Eva Verez dijo...

A vin mentras escribía este poema.
Observeina e pregunteille qué facía.
Escribo.
E escribía sobre un tema ferinte e tráxico do que moitos de nos non somos conscientes.
Ela , na clase, os demais falando, estudiando, escribindo na pizarra.
Ela, berrando, intentando romper o silencio, ese silencio do que fala no seu poema.
E nos escoitamos, te escoitamos.

Grazas.