O luns 31 de maio tivemos
a última xuntanza do club de lectura co alumnado de 3º ESO. Desta volta
aproveitamos para facela ao aire libre. Cada alumno/a escolleu unha
novela gráfica diferente: La guerra de Catherine de Julia Billet e
Claire Fauvel; El arte de volar de Antonio Altarriba e Kim; Sufragista
de Sally Heathcote; Maus de Art Spiegelman e El capital de Marx
adaptada.
O alumnado
fixo unha sinopse e valoración persoal de cada obra. Aproveitamos para
explicar a linguaxe do cómic e os tipos de planos e acabamos a sesión
con unhas partidas ao xogo de mesa deseñado este curso, Palabrarte, con
preguntas pensadas en relación coas obras lidas por ele/a/s no club este
ano e sobre cultura xeral. Atá o curso, lector@s!
No hay comentarios:
Publicar un comentario