14/4/10

NOVAS TENDENCIAS EN BIBLIOTECAS

Nas Bibliotecas Escolares de Galicia fai moito que nos prantexamos a necesidade de entender aquelas dunha forma diferente á idea digamos "tradicional" e adaptalas ás necesidades e gustos das novas xeracións de alumnos e alumnas.

E outra vez a traves dunha páxina "El ciudadano bibliotecario" que leo grazas ao meu irmán acércome á este debate, do que vos fago un resume:

Parece, que en Gran Bretaña, recentemente tamén descubriron algo de todo isto, e xunto á crise econónmica actual tomaron unha serie de decisións:

- Pechar decenas de bibliotecas para aforrar cartos.

- Diminuír os horarios de apertura de moitas outras bibliotecas.

- Apostar por un novo tipo de biblioteca como a recentemente renovada biblioteca do concello de Enfield (norte de Londres). Ao redor do antigo edificio fixeron unha moderna estrutura de cristal. Na planta baixa, hai unha cafetería, unha biblioteca infantil cun área de xogos, unha área xuvenil onde se pode escoitar aos cantantes preferidos, unha sección con terminais de ordenador e un autoservizo de escáneres para o préstamo. Na planta superior atópanse máis ordenadores e a colección de libros.

Os británicos tomaron estas decisións tamén basánsose no uso cada vez menor das bibliotecas "tradicionais" e no desprestixio que estaban desenrolando como lugares "carcas". Nas novas bibliotecas reduciuse o lugar que ocupan os libros porque a xente le menos e descarga máis, e razoan que tamén antes as bibliotecas non se usaban só polos libros, e moito menos agora.

Como é normal, non todos están de acordo coas innovacións, porque pensan que as zonas infantiles, máis parecen unha gardería e que a biblioteca en xeral, se asemella a un centro de comunicación, con ordenadores e con poucas mesas de traballo.

Este sector da comunidade pensa que a biblioteca non é simplemente un lugar de encontro da comunidade, consideran que se distingue pola súa natureza literaria, pola presenza do libro. Pero realmente non parece que o debate sobre a maior ou menor presenza de libros nas bibliotecas sexa o que dilucide a esencia do que ten que ser unha biblioteca.

O debate está e seguirá estando. Non pode ser doutro xeito, porque a sociedade, e as súas necesidades e expectativas, varían constantemente e a biblioteca terá que seguir modificando as súas formulacións para, sen perder os seus acenos de identidade, ofrecer o mellor servizo á sociedade.

No hay comentarios: