Autora: Jane Austen
Editorial: Espasa
Orgullo e prexuízo está en Biblioarzúa. Tamén a película
Pois entro hoxe en Google e vexo que é o 235º aniversario do nacemento de Jane Austen. E como pensaba falarvos deste libro/película pois aproveito.
Seguro que moitos xa coñecedes ben o libro, ben a película ou ben as dúas cousas.
Moitos pensaredes que son un "bodrio", e moitos reledes esta obra de cando en vez.
Xa sei que é unha historia de amor, pero penso que tamén serve de telón de fondo para relatar os costumes burgueses dunha sociedade que todo o mide polos cartos: a beleza, o talento e mesmo a honorabilidade.
Tan pouco cambiamos dende fai dous séculos?
1 comentario:
Despois dun montón de tempo sen aparecer por aquí, voltei e alucinei contigo OKi, menos mal que estás aí para continuar cunha labor na que che deixei completamente soa, prometo que a volta de vacacións incorpórome con todas as da lei.
Grazas por manter VIVO o espíritu de biblioarzua
Publicar un comentario