11/11/13

Ler ciencia na escola

Imos comenzar o antes posible. Xa temos dous autores escollidos: Jean Echenoz e Oliver Sacks. Os dous autores están na nosa biblioteca en formato electrónico e queremos ler algo deles cos nosos alumnos máis novos. De Jean Echenoz leremos "Lóstregos", que trata sobre o famoso Nikola Tesla, inventor, mecánico, enxeñeiro electricista e físico de orixe serbia. É coñecido, sobre todo, polas súas numerosas e revolucionarias invencións no campo do electromagnetismo. Tamén contribuíu en diferente medida ao desenvolvemento da robótica, o control remoto, o radar, as ciencias da computación, a balística, a física nuclear e a física teórica. O que máis chama a atención nel é que debeu ser unha alma grande, ao lado de xentes mezquiñas como Thomas Alva Edison. Do segundo autor -Oliver Sacks- queremos ler "O Tío Tunsteno", relato autobiográfico no que conta a súa accidentada infancia (os experimentos de química teñen os seus riscos).

No hay comentarios: