25/11/13

Majid Majidi: "O Canto dos Pardais"

"O Canto dos Pardais", do director Majid Majidi, é unha das raras -por infrecuentes- películas afastadas das redes comerciais típicas e tópicas que comúnmente chegan a nós.Trátase duuha belísima historia de amor: o que sinte un pai polos seus fillos e, moi especialmente, pola súa filla maior, que é xorda. Desvívese o home por conseguir un carísimo audífono para que a súa filla poida facer os exames na escola. En Irán. Estamos en Irán. En todas partes existen homes maltratadores e homes bentratadores. Conmove a dor deste pai pola súa nena. Proxectamos nestes días a película para que os alumnos vexan o outro punto de vista do amor: o bo.

No hay comentarios: