Título: Ás de bolboreta
Autora: Rosa Aneiros
Editoral: Xerais
É Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, pero a mín paréceme moito máis que literatura so para lectores novos.
Unha cafetería onde conflúen xente de todas as idades e mesmo nacionalidades, cada un coa súa historia detrás para descubrir ás persoas que están agachadas nos clientes do bar da man da camareira do local.
Porque cada un de nós somos diferentes dos demais...
Porque nós mesmos non somos iguais sempre...
Porque imos cambiando segundo as situacións que nos toca vivir...
Porque evolucionamos e razoamos e sentimos diferente...
E no bar este mosaico de historias entrecruzan os seus deseños e xuntos parecen ás Ás dunha linda bolboreta.
2 comentarios:
Iso parece, porque Rosa faino todo con intelixencia e rigor. No noso centro non só gustou, como se acostuma a dicir, senón que ensinou moitas cousas e fixo reflexionar ao alumnado. Para nós, altamente recomendable a súa lectura e a súa visita.
De acordo contigo, Beni. A min recomendoumo Maruxa, unha compañeira de galego, a quen aproveito para darlle as grazas. Agora teño que ler "Sol de inverno" que tamén dixo que era moi recomendable. Xa vos contarei.
Publicar un comentario