Onte e máis antonte celebráronse en Santiago as XORNADAS DE BIBLIOTECAS DE GALICIA 2007 cun éxito total de público (máis de 1000 persoas) e cun éxito total de organización.
Este ano o lema era LER AO DEREITO. O DEREITO A LER.
Estas xornadas servíronnos para reflexionar sobre a lectura na escola e para facer novas amizades e volver a ver as antiguas, que cada vez están máis presentes.
Estas xornadas servíronnos para reflexionar sobre a lectura na escola e para facer novas amizades e volver a ver as antiguas, que cada vez están máis presentes.
A algúns tamén nos serviron para descubrir a RANGANATHAN . Foi unha das ponentes, Pilar Pérez Esteve, quen nolo presentou e resulta que ademais de bibliotecario era matemático e o que postulou, mediante 5 leis, nin máis nin menos que a esencia da biblioteconomía:
- Os libros son para usarse
- Cada lector ten o seu libro
- Cada libro ten o seu lector
- O tempo do lector é precioso, aforra tempo ó lector
- A Biblioteca é un organismo vivo e en crecemento
Así desta forma sinxela e tan fermosa exprésase unha VERDADE.
Máis sobre estas xornadas nos blogs:
No hay comentarios:
Publicar un comentario