5/10/07

Chegou o San Froilan e con Peludez...

A PELUDEZ por MANUEL MARÍA
Meu querido PELÚDEZ, vello amigo,
luguesa flor de onte e de lameiro,
freixo frondoso, nobre castiñeiro,
mistura de bon millo e de pantrigo
Home sufrido, alerta e cismador:
sabes que caíches na fochanca,
na trampa que che puxo o cazador.
O teu lúcido instinto é o puxigo
que dá luz ó teu vivir tristeiro:
un marmurio calado de regueiro
e unha humilde forteza de caxigo.
Pra defenderte usas da retranca:
disimulo reposo e sorridor
que pese a non ferir ó mellor manca!

Monumento a Famila Peludez en Lugo
Obra en bronce de Fernándo García Blanco

Hoxe día de San Froilán, e como boa lucense, aínda que lonxe da terra, quero recordar a unha persoaxe que nos acompaña por estas datas dende 1908: Peludez, e a que todos os lucenses seguimos coma si unha novela entregada por capítulos fose, en "El Progreso" o periodico de Lugo.
Ana Mª Rodríguez Rivas (do Departamento de Ciencias da Comunicación e do Turismo da Universidade Rey Juan Carlos de Madrid), nun estudio sobre estereotipos comentaba sobre esta persoaxe: "Dentro del marco de la diversidad cultural que ofrece España, Galicia presenta uno de los ejemplos más claros de este tipo de símbolo e identificación de un pueblo, a pesar de que en la actualidad ya no representa a la población. Se trata de Pelúdez, un estereotipo de la idiosincrasia gallega, símbolo extraído del pueblo lucense y extensible a toda la Comunidad. Probablemente sea el estereotipo más logrado, certero y completo que existe en el periodismo español que aborde el tema de la diversidad cultural. Casi un siglo de publicación en las páginas del periódico local avalan la repercusión e importancia de esta figura de ficción más propia del folletín y en cualquier caso a medio camino entre el periodismo y la literatura."
Pelúdez naceu en 1908 da pluma de Antonio de Cora. Dende aquel ano e con alugnhas excepcións como a guerra civil, Pelúdez visita a cidade coincidindo coas festas patronais en honor a San Froilán, e fala dende a contraportada do periódico (case sempre foi así) das cousas da cidade e outras reflexións. Era Peludez un home traballador, amante da boa mesa (sobre todo o pulpo) e o bo viño (sobre todo o da Ribeira Sacra), baixo a súa apariencia de persoa bruta e elemental descúbrese un home intelixente e perspicaz, crítico coa realidade e cun gran sentido de humor baixo as súas expresións cargadas de ironía, (típica retranca galega).
Foron varios os autores que lle foron dando vida as súas andainas, pero sen dúbida foi Xosé Trapero Pardo o que o moldeu e fixo seu para sempre durante maís de 50 anos. Na actualidade segue a visitarnos da man doutro ilustre lucense José de Cora que o define como: "Un filósofo do pobo, frívolo e desletrado, pero filósofo a fin de contas. Os lectores identifícanse co Pelúdez, non porque teña grandes ideas, senón pola naturalidade coa que enfronta a vida. Certo é que nos tempos de censura, Pelúdez foi utilizado para poñer na súa boca críticas sociais e municipais que noutra sección poderían orixinar represións, pero non se pode dicir que sexa un subversivo, máis ben tira a conservador; un conservador subversivo, se cadra".
Non deixedes de mirar na contraportada de "El progreso" o que lle acontece a Peludez e o piolín hoxe día de San Froilan. DENDE AQUÍ FELICIDADES ÓS LUCENSES E QUE O DISFRUTEDES. ¡VÉMONOS EN LUGO!
Santy

2 comentarios:

O Segrel do Penedo dijo...

Que disfrutes do Patrón na terriña e ollo co "dinosaurio"
Bicos.

Antonio dijo...

Disfruta de las fiestas !!
Un saludo !!