30/10/07

Dominio. gal

Na reunión de biblioteca de onte luns, a nosa compañeira OKI, defendeu a incorporación do logotipo .gal no noso blog para axudar na campaña que se está a levar a cabo por un dominio galego a través de http://www.puntogal.org/. O curioso, e que nos debería facer reflexionar seriamente, e que sexa unha persoa vallisoletana, a que nos teña que indicar o camiño para reivindicar a nosa cultura e que non estemos máis concienciados dela os propios galegos. Ben é verdade que OKI xa é galega, non tedes máis que comprobar como escribe en galego (ver blog e comentarios), e como fala, aínda que con certo acento castelá.
Partamos do principio: ¿Que é un dominio?, a pregunta pode parecer un pouco absurda, pero ¿sabémolo?...
Pois non é nin máis nin menos que o nome que identifica un sitio web. Cada dominio é único dentro de internet. Normalmente compóñense de tres partes:
  • as tres www
  • o nome da organización
  • o tipo de organización
Existen dou tipos de dominios de primeiro nivel: xenéricos e código de país. Os xenéricos foron creados para o uso público da rede e os de código de país para ser usados en cada un deles de maneira individual. Os xenéricos corresponden ó tipo .com, .org, .net, .info .gov, .mil ou .int. Os dominios de código de país son, por exemplo, .uk, .es, .mx ou .fr.
Dominos como .com, .net, .org, .biz, .name, .museum, .aereo ou .info están dispoñibles para persoas físicas e para empresas de todo o mundo. Son, digamos, os dominios básicos da rede. Poden rexistrarse (ou mercarse) a través de empresas acreditadas.
Os dominios .edu, .gov e .mil están reservados para institucións norteamericas e o .int é para organizacións establecidas por tratados internacionais entre gobernos.
Os dominios de código de país non corresponden necesariamente con estados independentes ou recoñecidos pola ONU, senón que son aqueles que están inscritos na lista ISO3166. Son empregados maioritariamente para empresas ou persoas que desexan establecerse en internet ou protexer a súa marca ou identidade comercial nese territorio.
Así como os anteriores eran orixinariamente de tres letras (algúns dos novos ten algunha máis), os dominios xeográficos identifícanse sempre por dúas letras (.uk é para United Kingdom, Reino Unido, es para España). Para o caso galego, o dominio xeográfico quedaría hoxe restrixido á combinación .gz (outros como ga, gl están ocupados). Esta opción, sendo posible, conta sen embargo con problemas de regulamento non resoltos a día de hoxe.
A opción máis factible para un DOMINIO GALEGO refíres os de tres letras esponsorizados, que son grupos de usuarios da rede con estreitos vencellos que os permiten definirse como comunidade. (Ex: .cat para a comunidade lingüítica e cultural catalana que xa o ten conseguido).
A Asociación PuntoGal promove a creación do dominio .gal para a comunidade lingüística e cultural galega.
(información vía ASOCIACIÓN PUNTOGAL). Visita a páxina si queres saber máis

7 comentarios:

Rodrigo dijo...

Estou dacordo. O que non sae en internet é invisible. Se queremos que non se perda a nosa identidade, precisamos espallar a nosa lingua e cultura a tódolos ámbitos.
Noraboa pola iniciativa.

Oki dijo...

A verdade Manrina é que con esta entrada e o logotipo que puxeches no blog está máis que sobrepasada a miña petición de colaboración co dominio .gal.
Moitas grazas polas túas palabras hacia min, eu síntome ben orgullosa de ser un pouco galega.
Pequenas iniciativas e colaboracións como esta son importantes e penso que todos deberíamos poñer o noso grao de area, e moito máis con esta fermosa lingua que é o galego.

MESTURAS dijo...

Me apunto rapidamente.

Monse dijo...

Noraboa a tod@s, a nosa cultura merece un sitio no mundo virtual, e iso só depende de nos e de xente coma vos.
Grazas

Ajo dijo...

Os meus parabéns para todo o IES de Arzúa e para a súa biblioteca, a iniciativa precisa de xente que entenda que, como di rodrigo, o que non está en internet non existe, e deixar morrer algo noso é un erro, de aí que estas inciativas sexan de vital importancia, pero máis ainda da xente que as apoiamos e as que as difunden coma vos. Por certo que moi ben explicado o tema dos dominios que as veces lianomos un pouco.
Ah, e a proposito OKI, para nós es xa máis galega que ninguén, respectando os teus orixes,que iso é algo que nunca se pode esquecer.

ednl dijo...

DESDE O EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO IES DE ARZÚA PARABÉNS POLA INICIATIVA.

ednl dijo...

ÁNIMO E ADIANTE!!!! AGARDANDO QUE A LINGUA SAIA DO DOMINIO VIRTUAL... UN BICO PARA MARINA, OKI E DEMAIS COLABORADORES/AS DA BIBLIO...