3/11/07

LIBROS que entran pola VISTA II



Hoxe vouvos a falar do libro que o luns estará exposto nesta seción: GALILEO: El genio que se enfrentó a la inquisición de Philip Steele.

Este libro está adaptado para que os máis xoves do instituto descubrades a este xenio, que foi quen de cambiar a forma en que vemos o universo. Eso si, tamén os maiores lle podedes botar un vistazo, pois contén marabillosas imaxes, mapas, fotos, pinturas, etc... que vos trasladaran á época de Galileo e farán que o coñezades un pouco máis.
Aínda que seguro que todos sabedes que foi este xenio, direivos que tiña sede de coñecemento e de ciencia dende moi neno, que foi o que descubriu que a terra non era o centro do universo, senón que se move ó redor do sol. Debido a esta crenza enfrontouse coa ameaza de ser encadeado e ata de morrer a mans da Inquisición...

O luns espéravos na entrada do INSTI, con ilusión, porque quere saír da biblio e darse un paseo... ¡COLLEO, MÍRAO, ... NON TEN DESPERDICIO!.

No hay comentarios: