11/11/07

PEQUENAS-GRANDES ALEGRÍAS

O mes pasado quixémonos poñer en contacto cos pais/nais dos alumnos do Centro, porque realmente creo (como profesional e tamén como nai) que a educación dos nosos fillos/as e alumnos/as teñen que ir da man, e que os pais/nais teñen moito que dicir nos centros e por iso, dende a biblioteca, decidimos enviar un boletín presentándonos, incluíndo que ofrecemos e tamén pedindo a súa axuda para difundir o blog e a páxina web entre os seus fillos e fillas, suxestións para mellorar... e a resposta (por agora) non foi masiva só Celeste e Rosa nos responderon, pero a alegría recibida foi inmensa, porque non todos os papeles se tiran, porque hai xente que os le, hai persoas que "perden" un pouco do seu tempo escoitando o que alguén ten que dicir, e de ahí a miña alegría, porque moitas veces penso que só eu creo no que fago, porque hai dificultades, porque as cousas non son como unha quere, pero ... SON O QUE TEÑEN QUE SER e esto será como unha semente que crecerá, porque non ten solución, só se pode avanzar mirando cara a diante, sempre adiante, e só mirar o pasado para recordar o que xa non está pero nunca con nostalxia só con amor.

Grazas ós pais/nais que tamén nos seguides e estaremos en contacto con vos, cos que sexan (moitos ou poucos) pero estaremos. Para vos van unha serie de frases sobre a educación para reflexionar, para pensar, para EDUCAR:

"Estamos en plena era de la información y del conocimiento y necesitamos saber lo que ocurre. Se han detectado extendidas dificultades en la comprensión lo que restringe el contacto con la realidad. El mundo de las nuevas tecnologías está fomentando el espejismo de pensar que estar conectado a grandes fuentes de información accesible resuelve todos nuestros problemas. NO ES VERDAD, esos bancos de información sólo son útiles a los que saben leer la información. UN BURRO CONECTADO A INTERNET SIGUE SIENDO UN BURRO" (José Antonio Marina. La magia de leer. ED.- Plaza-Janes)

"O home de hoxe ten a súa cabeza chea de datos e opinións. Pero adquire as opinións prefrabricadas, son de outros, non pensadas. E, a avalancha de datos que o aturde, máis que acercalo ó coñecemento alonxao del". (Guillermo Jaim Etcheverry, en su libro 'La tragedia educativa')

"Non hai máis que un camiño para o progreso na educación, como en todas as cousas humanas, e é o da ciencia guiada polo amor. Sin ciencia o amor é impotente; sen amor a ciencia é destructiva" (BERTRAND RUSSELL) Palabras que aparecen en la cabecera del primer capítulo del libro: RUSSELL, B. (1979): Ensayos sobre educación. Madrid, Espasa Calpe.

"Y así, los nuevos educadores en ningún momento tratarán de ser meros transmisores del saber, ni siquiera habrán de conformarse con la mera relación instructiva, sino que en todo momento será su ideal el formar hombres nuevos y esto significa atención a todas las facultades del hombre, físicas y espirituales". (Francisco Giner de los Ríos)

1 comentario:

Oki dijo...

Un bico para Marina, porque eu a pesares de cousas e cousas, eu tamén creo no que "Marina fai".