A ESTRAÑA QUE HAI EN TI
Este finde vin a última película de Jodie Foster. Non sei se é porque non estaba moi preparada para ela pero pareceume unha película brutal. Tiña ganas de vela porque Jodie gústame como actriz, e aqui tamén fai unha boísima interpretación.
Agardaba unha película de importante tensión psicolóxica... Tamén hai algo diso, pero eu xa estaba trastornada polas imaxes do principio: cheas de violencia, tremendas, arrepiantes...
Mantente todo o filme en tensión agardando un final que non pode ser feliz,... e sénteste un tanto defraudada porque convertérono nun final adulterado, supoño que para compensar o resto da violencia que destila toda a hora anterior.
Acabas cun certo desacougo porque queda patente que a vida pode escacharse en mil anacos nun só instante, nun absurdo, nun pequeno acto cotiá.
E descóbreste que non es a que crías ser, que hai moitas persoas dentro de ti... Mesmo algunhas tan estrañas que nunca serías quen de recoñecelas por ti mesma...

No hay comentarios:
Publicar un comentario