12/11/07

ABIERTO TODA LA NOCHE

Nas familias predomina a virtude de abrazar a extravagancia cotiá como normalidade. É a nosa habitual frase de “non se está mellor que en familia”, pero ao mesmo tempo un estraño a ela normalmente pensaría que esa familia non é un lugar de descanso, senón un núcleo de depredación insaciábel fronte a todo o alleo a ela mesma.

Na familia dos Belitre familia normal e ao tempo estrafalaria, poderemos recoñecer case como reais aos seus membros: dende o “fanático” avó á abnegada nai; dende a incomprendida e incomunicada muller francesa do maior dos fillos á nova rapaza que coida dunha avoa que non se levanta nunca da súa cama e que namora a todos os membros masculinos da familia; dende o fillo enfermo que se cre o seu pai, a ta o verdadeiro pai que non quere ser tal eternamente, senón que algún día tamén a el gustaríalle ser persoa; dende o fillo traumatizado por un acne exaxerado ato o seu “estraño” doutor de innovadores e poucos convencionais métodos curativos... todos eles e algúns máis...

É unha comedia, si, pero acaba converténdose nun drama provocado por “amor”, idea pola que ás veces individualmente, alguén é capaz de xustificar incluso as máis grandes atrocidades, porque estar namorado é unha razón de tal peso que elimina calquera culpa. E nese caso o amor (¿?) convértese no máis miserable dos sentimentos, no máis cruel, egoísta e tirano.

Unha historia, en suma, dun fogar, porque un fogar é o único sitio aberto toda a noite.

Abierto toda la noche é unha novela de David Trueba.

No hay comentarios: