13/1/08

Aureliano Pardo Villar, ilustre arzúan

Un día coma hoxe pero de 1957 finaba na súa cela do Convento de dominicos de Padrón o arzuán Aureliano Pardo Villar, máis coñecido como Pai Pardo (Arzúa 18/01/1882 Padrón 13/01/1957) considerado unha das figuras máis importantes da historia contemporánea de Galicia.
Foi membro do Seminario de Estudos Galegos, da Real Academia Galega e autor dunha importante obra. Foi periodista, historiador e biógrafo, colaborador da enciclopedia Espasa e da revista NÓS. Tivo sempre como referente a defensa e o espírito de Galicia e o da súa orde, pola que traballou sempre sen descanso, pois segundo o seu amigo e investigador Xesús Carro, "a el se lle debe un maior coñecemento crítico da historia dominica galega, case completamente descoñecida".
Participou nos traballos preliminares do anteproxecto do Estatuto de Galicia no 36 que provocou que recibise fortes mostras de hostilidade e animadversión. Tanto foi así que lle ordenaron fixar a súa residencia en Salamanca para, deste xeito, afastalo do galeguismo no que militaba fervorosamente. Aínda así nunca abandonou o convento de Padrón, onde continuou dedicándose en silencio á vida cultural e eclesiástica.
Hoxe o seu nome permanece vivo en Arzúa servindo como exemplo de compromiso a xeracións futuras. Velaí un galego senlleiro, un arzuán que en palabras do seu biógrafo e amigo Avelino Abuín de Tembra "foi un dos historiadores máis importantes de Galicia".

Escultura adicada ó pai Aureliano Pardo ó pe da casa do concello na vila de Arzúa

INFORMACIÓN VÍA ARMANDO CASCÓN (director de radio Arzúa) publicada en Terras de Santiago

Así describía Aureliano a súa terra na revista NÓS no ano 1935:

"La villa de Arzúa se asienta en una alta planicie de aire purísimo y lejanos horizontes, como reina de una comarca encantadora, tada llena de carballeiras, pinares, castañares y otros tipos de arbolado, que bordean las fértiles tierras de labor y las feraces praderas que suben por las lomas montesías y un pueblo de carácter humilde, con sus casitas blancas esparcidas como palomas alrededor de las carreteras que bajan de Lugo a Compostela o de Boimorto a Brandeso, cruzando su suelo de Este a Oeste y de Norte a Sur; un pueblo que sin caer en la cuenta es reciamente democrático; un pueblo, finalmente, tal como cumple a las ideas y deseos de igualdad que hoy en día laten por todas las esquinas"

No hay comentarios: