8/1/08

Algo queda


Título: Algo queda
Editorial: EDEBÉ

Hoxe vouvos comentar un libro que me gustou moito e que creo que debedes ler para pensar, si para pensar, porque non só hai que ler para divertirse, senón tamén se pode ler para reflexionar e coñecer outros mundos e outras historias que nós non vivimos, pero quen sabe... como evolucionará este mundo ...!!!! ¡¡¡¡ TODO PODE MUDAR!!!! Gustaríame que o leses e tamén invitarvos a reflexionar sobre os sentimentos e a vida cambiante...

Este libro de Inge Bart-Grözninger céntrase nunha familia de xudeos que viven en Alemaña e que teñen que emigrar en 1938 cara ós EEUU, e narra como todo vai moi lentamene, Erich vai vendo como pasan de ser unha familia respectada e incluso querida a todo o contrario e non entende o porque da situación, a cidade transfórmase, na escola é apartado polos profes e pouco a pouco tamén polos rapaces e incluso os seus amigos tórcenlle a cara... así descobre que está só (excepto pola súa familia) e como os seus plans se ven obrigados a mudar por un sentimento de odio cara os xudeos, pero ¿en que son diferentes se pregunta el? ¿que mudou? ¿que está a pasar...?.

Este tremendo relato permite ver como persoas perfectamente integradas na sociedade, con amigos, con certa fortuna... son illados, expulsados e teñen que fuxir do seu propio país porque agora son estranos. E tamén nos avisa que todo pode cambiar, que nada é o que parece e que a vida a pesar de curta, tamén e moi longa e todo muda, ou polo menos moitas cousas...

No hay comentarios: