Comprendo que son moitas entradas sobre árbores e aínda que a min me gustan moito non todo van ser árbores, xa sei que hai máis cousas na vida..., pero tampouco podía pasar o nadal sen falar das árbores de nadal (ou que?), pois eso, a partir de agora espallareinos un pouco máis porque hai miles e miles de árbores sobre os que vos teño que falar, ¿non sei eu si a vida me dará para tanto? pero é o que hai.
Comencemos pois a historia da árbore de nadal... Aínda que pensedes que foron os americanos os "inventores da árbore do nadal" non vos foi así, esta é unha costume europea, o que non se lles pode negar os estadounidenses foi que se difundiran por todo o mundo a través das súas películas...
Parece (xa que fai tanto que non hai noticias veraces senón máis ben lendas)que a historia comenzou nos antigos pobos xermanos que estaban intimamente unidos á terra e tamén ás árbores, que consideraban que estaban dotadas de alma, e nas que residían os
deuses.
Así os xermanos crían que unha árbore xigantesca sostiña o mundo, e que nas súas ramas estaban sostidas as estrelas, a lúa e o sol, ademais era símbolo de vida xa que non perdía as súas follas no rigoroso inverno da zoa, cando case toda a natureza durmía esperando con paciencia a chegada da primavera e con ela os tempos máis cálidos. Deste xeito adoraban nelas e cubríanas con adornos para simbolizar a chegada da luz (que son festas que coínciden co noso Nadal).
Cando estes pobos foron evanxelizados e (segundo conta a lenda) ante a imposibilidade de desterrar determinas costumes como esta da árbore adornada, decidiron adoptala e pasou entón a ser un símbolo relixioso cristiá, facendo que fose un símbolo do nacemento de Cristo.
As primeiras noticias contrastadas de árbores de Nadal lévannos a Alemaña sobre o século XVII dende onde se extenderon polo resto de Europa (sobre todo Inglaterra e Francia) e a EEUU da man de emigrantes alemans. O seu uso popularizouse no século XIX. De feito, por Alemaña corre unha lenda que atribúe a Martín Lutero a invención da árbore de Nadal como unha forma de mostrar a luz que inundou o ceo cando Cristo naceu, xa que foi este home o que adornaba a árbore con velas acendidas, aínda que hai outras voces que dicen que Martín quedou totalmente abradiado cando contemplaba, nunha noite de vixilia, as árbores nevadas báñadas pola lúa chea (¿imaxinades que imprensión?, poucas cousas debe haber tan fantásticas).
Outra lenda moi fermosa conta que todos os seres vivos (icluídas as árbores)
foron convocadas a Belén polo nacemento do neno e ata alí chegou un pequeno e débil abeto que estaba nun estado lamentable, despois de viaxar moitos quilómetros e ademais non podía ver nada pola aglomeración de seres que viñan visitar o recen nado, entón comenzou unha chuvia de estrelas que caeron sobre as súas ramas e culminaron coa estrela de nadal, o neno sonriulle e bendixoo. De aquí xorden moitas lendas sobre o papel protector das árbores e dos bosques da inocencia e da vida....
Bueno e resumindo que si que non moitísimas as lendas que nos levan a poñer unha árbore en nadal como símbolo de luz e de proteción. Por suposto esta árbore debe ser perenne (que non lle caen as follas en inverno). Por estas datas e nas latitudes nas que xurdiu esta tradición, só podería ser coníferas de aí a forma piramidal de representar as árbores de nadal. Estas especies que todo o mundo ( ou case, porque a cultura botánica está bastante limitada) chama "pinos" en realidade non teñen moito que ver cos Pinus propiamente ditos. Hai dous xéneros que obstentan o honor de ser "Árbores de Nadal" :
E dentro destes dúas especies sobre todo o Abies normandiana e a Picea abies.
En España e outro países mediterráneos tamén se utilizaba neste traballo navideño o acivro, pero houbo tal esquilma que foi preciso protexelos.
Máis recentemente, están de moda (e que siga por moito tempo) as árbores de "plástico" que tratan de imitar a abetos... Aínda que segue a haber excepcións:
ÁRBORE DE NADAL DA CASA BLANCA (e si si foron cortar a árbore pero adornánana con luces de baixo consumo... (bombillas LED) que ademais de máis ecoloxicas son máis eficientes que as tradicionais ...¡TODO UN DETALLE ECOLOXISTA! ¡ SOBRE TODO PARA A ÁRBORE!)
ÁRBORE DE NADAL DO VATICANO (onde unha árbore de máis de 33 metros de altura, 9 toneladas de peso, máis de 3 m de perímetro e despois de ter que facer virguerías (helicóptero incluído) para levalo ata a praza de San Pedro, morrerá de asco porque pasou nadal... ¡COUSAS DOS HUMANOS!)
Si queredes a a miña opinión dedicadevos a ir a visitar, con todo o RESPECTO e COIDADO, que se merecen a eses abetos, piceas, acivros... no seu hábitat natural e veredes como non precisan adornos nin nada superfluo ... eles son marabillosos tal e como son, ¡NON PRECISAN DISFRACES!
Si na casa poñedes unha árbore de nadal natural, que non se vos ocurra cortala, pillade unha pequena, sacádea cun cepellón (con terra e raíces) amplo , colocadea na maceta e non olvidedes que a temperatura da casa e moi alta para elas, así que regádeas con asiduidade (pouco pero seguido) e cando remate o nadal volvédea a plantar no xardín ou na finca do avó. Nunca as cortedes ou mellor ... convencede ós vosos pais que compren unha árbore de plástico no super e así todos contentos, as árbores continuarán crecendo e dándonos vida, e nós poderemos sentirnos agusto coas nosas tradicións navideñas.
ARBORES SI, SEMPRE, EN NADAL E EN TODAS AS ÉPOCAS DO ANO, ESO SÍ ONDE DEBEN ESTAR, NO XARDÍN, NO MONTE... NO SEU HÁBITAT NATURAL.
1 comentario:
Comparto absolutamente tu opinión:los árboles debemos contemplarlos vivos y en su hábitat natural. Si queremos adornar nuestra casa podemos utilizar una rama muerta, que haya caído del árbol. Así tendremos un árbol de Navidad minimalista.
Publicar un comentario