6/12/07

OS DEREITOS TORCIDOS

A Organización das Nacións Unidas, conciente de que o descoñecemento e o menosprezo da dignidade humana provocaron e provocan actos de barbarie, considerou necesario proclamar que a liberdade, a xustiza e a paz no mundo teñen como fundamento o recoñecemento da dignidade e dos dereitos iguais e inaliebables de todos os membros da familia humana.

Onte buscando na bilio do ies atopei este libro que conten sete historias independentes que tratan temas relacionados coa inxustiza, a desigualdade e as atrocidades que a diario son cometidas contra as persoas.

Pese á Declaración Universal dos Dereitos Humanos, fai case medio século e que conmemoramos esta semana dende a biblioteca, aínda hoxe persiten a escratitude, a xenofobia, o racismo, o abandono de menores... Esta novela pretende denunciar feitos e situacións reais, novelándoos.

No hay comentarios: